miércoles, 15 de abril de 2015

“O emprendemento innovador e a formación de Máster. Unha experiencia persoal”

O próximo martes, 28 Abril, ás 18:00 h, contaremos coa experiencia de emprendemento do antigo alumno do Máster DEIN e socio fundador da empresa BluBusiness-Innovation and Business Development, Roberto Graña Escalante, que porá en relación a súa experiencia como emprendedor e as capacidades e coñecementos que lle aportaron os estudos de especialización a nivel de Máster, neste caso en Desenvolvemento Económico e Innovación.

Roberto Graña conta con case vinte anos de experiencia en transferencia de coñecemento, traballou tanto no sector público como privado, exercendo responsabilidades na xestión e coordinación de programas de emprendedores, así como no asesoramento de proxectos empresariais. Cursou o Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación no ano académico 2009-2010. A actividade de BluBusiness consiste no apoio a emprendedores innovadores, tanto do ámbito científico como empresarial, a definir o seu modelo de negocio, captar inversores e consolidar a sua compañía.
A charla, que se vai celebrar na aula 25 da Facultade de CC. Económicas, é aberta e todos os interesados/as estades invitados/as.