lunes, 30 de noviembre de 2015

Situación económica actual: amenazas e alternativas

O día 11 de decembro teremos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ao Economista Juan Torres López, catedrático de Economía Aplicada da Universidad de Sevilla, para dar unha conferencia sobre a situación económica actual: ameazas e alternativas. Haberá unha presentación previa por parte de Xavier Vence. A entrada é libre.
A cita é ás 10:30 h. no Salón de graos da Facultade
Organiza: Grupo ICEDE

viernes, 27 de noviembre de 2015

Unha breve crónica do Encontro “Vuelve el mundo que viene. El futuro ya está aquí”


O pasado 25 de novembro, alumnos do Máster tivemos a oportunidade de asistir ao Encontro “Vuelve el mundo que viene. El futuro ya está aquí”, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Poñentes da entidade de Francisco Román, presidente de Vodafone, Daniel Carreño, presidente de General Electric en España e Portugal, ou Sarah Harmon, directora en España de Linkedin, ofreceron alí a súa visión e a das súas organizacións sobre as novas tendencias globais que a innovación e o cambio tecnolóxico están definindo a un ritmo trepidante, e que están xa perfilando o futuro do mundo empresarial.


Brais Fernández, Susana Rodríguez e Rodolfode Diego
no Encontro APD "Vuelve el mundo que viene"
Pola relación cos contidos do Máster, quero destacar as intervencións da segunda parte do evento, conducidas polos representantes alí presentes de compañías de referencia en materia de innovación, como General Electric ou Google, así como polo director do Igape, Javier Aguilera.

Tivo o primeiro turno de palabra Daniel Carreño, quen centrou o seu discurso nas implicacións que a conectitividade e a dixitalización van ter na Industria. Imos vivir nun mundo hiperconectado, rexido pola denominada “Internet das cousas”, isto é, a interconexión dos obxectos cotidianos coa “rede”. Nun futuro relativamente próximo,  vai ser posible por exemplo, desde detectar doenzas de forma anticipada mediante roupa intelixente, conectando directamente co médico, ata que o inodoro analice diariamente a composición dos ouriños e te aconselle en función dos resultados na dieta. Do mesmo xeito, na industria vai ter un papel crecente a maquinaria intelixente, permitindo en certos procesos un aumento da productividade extraordinario.

Rematou anunciando (ou reiterando) a vontade de General Electric de desfacerse do seu negocio financeiro, coa finalidade de centrar todos os esforzos no sector productivo. Este feito ten unha relevancia notoria, xa que simboliza un cambio na tendencia de financiarización da economía que caracterizou o período actual.  Empresa volve deste xeito a apostar polo desenvolvemento dunha industria de alto contido tecnolóxico, anticipándose ao novo paradigma que vén, e que el veu en denominar a 4ª Revolución Industrial.

Continuou coa mesma dinámica Isaac Hernández, Country Manager de Google en España. Especialmente interesante neste caso foi a exposición das fórmulas que Google utiliza para innovar constantemente, dende a súa recente reestructuración a través de Alphabet, ata a aposta por unha cultura interna de innovación. Un exemplo é a política interna que permite que os empregados adiquen un 20% do seu horario de traballo a proxectos do seu propio interese. “A implantación dunha cultura de innovación na empresa non consiste en pintar as paredes de cores”, advertiu.

O big data, a hiperconectitividade ou o auxe do software ofrecen por tanto grandes oportunidades, pero tamén grandes riscos. Gianluca D´Antonio, Director de Seguridade da Información e Xestión de Riscos do Grupo FCC, foi o encargado de advertir sobre isto. A “pegada dixital” e as interrelacións entre os elementos físicos e internet fannos máis vulnerables ante os cibercriminais. Neste contexto, a protección da nosa privacidade vaise ver mermada. Máis graves son outras implicacións ás que aludiu, como a posibilidade de que grupos con motivacións delictivas se aproveiten de fallos de codificación para causar danos persoais. Un exemplo pode ser a posibilidade de desactivar os freos dun coche autónomo en marcha. “Queda moito que remar en materia de seguridade”, concluíu.

Chegou por último a voz da tradición, da man de Cristóbal Colón, a través dunha charla xenial onde se deu pé a reflexionar sobre uns cambios globais que moitas veces abruman. Cristóbal Colón fixo o “gran descubrimento”, como el mesmo ironizou, de percatarse de que o traballo é importante para as persoas. Con esta vontade decidiu saír do hospital psiquiátrico no que traballaba, para crear a cooperativa gandeira La Fageda en 1982. A día de hoxe, este proxecto, que presume de facer o mellor iogur do mundo, emprega a persoas con necesidades especiais na súa actividade produtiva, que abarca a totalidade do proceso de valorización do leite. Dende o coidado das súas propias vacas, ata a elaboración e comercialización de iogures ou xeados de numerosas variedades. É un modelo exitoso de desenvolvemento local que axunta os valores sociais co éxito empresarial, polo que invito a todos e todas a visitar a súa páxina web e coñecer así mellor o proxecto.

Remato agradecendo a Carmela e a Loreto, tamén no nome dos meus compañeiros, que nos dean a oportunidade de participar nun gran número de eventos ao longo do Máster, os cales cremos que enriquecen moito a nosa formación.

Brais Fernández Quintela
Alumno do Máster 2015-2016

jueves, 12 de noviembre de 2015

Aula participativa en INNOPHARMA

Esta semana tuvimos una clase externa en el edificio CIMUS, sede del Proyecto INNOPHARMA. La clase fue propuesta por la Profesora de la materia “Fronteras de las Ciencias y de las Tecnologías”, Dra. Mabel Loza.
 
Al llegar fuimos recibidos por uno de los gestores que trabajan en el proyecto, José Manuel Santamaría, ex aluno del Master DEIN, que nos hizo una breve presentación del mismo. INNOPHARMA es un proyecto, financiado por la Unión Europea, de referencia en Galicia y en España en el área de investigación y descubrimiento de fármacos, y aporta apoyo tecnológico para  potenciar el sector farmacéutico en Galicia. Ha conseguido desde 2012 poner a Santiago de Compostela en el mapa mundial del sector de la innovación farmacéutica.
 
Tras la presentación pudimos visitar sus laboratorios y tener contacto con el equipo y la tecnología más puntera en el campo de trabajo de INNOPHARMA. Pudimos percibir la importancia de la integración entre gestores y técnicos como una de las claves para el éxito del proyecto, que ha desarrollado de manera innovadora la forma de integrar conocimientos generados a partir de investigaciones y trabajos académicos con la aplicación práctica de éstos en el sector industrial, de forma que el trio Universidad, Sociedad y Empresas se integran de manera eficiente.

Enhorabuena a todo el equipo de INNOPHARMA. Que esta iniciativa de éxito pueda ser modelada y replicada en otros sectores en Galicia. Os animo a visitar la página web de INNOPHARMA para conocer en mayor profundidad su actividad: www.innopharmaplatform.com

Rodolfo de Diego
Alumno del Master DEIN 2015/2016

 

martes, 10 de noviembre de 2015

O profesor Óscar Rodil, relator convidado nun seminario internacional da CEPAL sobre China e América Latina

O profesor do Departamento de Economía Aplicada Óscar Rodil, membro do grupo de investigación en Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE), participou como expositor no Iº Seminario Internacional de China e América Latina, celebrado na sede da CEPAL (Comisión Económica de Nacións Unidas para América Latina e o Caribe) en Santiago de Chile.

A participación de Óscar Rodil estivo auspiciada pola Fundación Konrad Adenauer a través do seu programa rexional de Políticas Sociais en América Latina (SOPLA), e versou sobre as particularidades das relacións comerciais entre China e diversos países de América Latina, baixo o título ‘O patrón de inserción comercial de China en América Latina: un novo modelo centro–p eriferia'. O relatorio presentouse en coautoría co profesor Jorge Alberto López Arévalo, da Universidade Autónoma de Chiapas (México).

Este Seminario estaba organizado por representantes da Freie Universität Berlin, El Colegio de México e a CEPAL co obxectivo de promover a reflexión sobre a nova fase da relación entre China e América Latina e o Caribe por medio dunha perspectiva multidisciplinaria orientada a estimular o deseño de mellores políticas públicas nacionais e rexionais que potencien o protagonismo de América Latina e o Caribe nas súas relacións co xigante asiático. As sesións técnicas contaron coa asistencia dun amplo número de funcionarios de rango técnico e político de ministerios e secretarias de Relacións Exteriores, ministerios de Economía e de Planificación, universidades e institucións de investigación, organismos rexionais así como do sector privado de América Latina.

Con esta participación do profesor Óscar Rodil, profúnda nunha liña de investigación que xa resultou recoñecida recentemente pola Fundación Unión Europea-América Latina e o Caribe (EU-LAC Foundation, con sede en Hamburgo), premiada como único proxecto gañador da convocatoria de proxectos de investigación do seu programa Explora.
 
* Esta noticia é extraída do Xornal da USC