Xa tedes disponible neste blog un enlace (no menú da dereita) as testemuñas en video dalgúns dos alumnos e alumnas da última promoción do master DEIN. Non deixes de escoitarlles xa que son os principais protagonistas do programa.
Neste blog recollemos artigos breves dos estudantes da materia "Creación de EBTs" do Master en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN) da Universidade de Santiago de Compostela
jueves, 21 de julio de 2016
miércoles, 20 de julio de 2016
Lectura da Tese de Diana Cristina Morales Urrutia
A ex alumna do master DEIN, Diana Cristina Morales Urrutia, defendeu a súa tese doctoral titulada ‘El fenómeno de la creación de empresas: Factores explicativos desde una perspectiva institucional. Análisis del caso europeo y americano’, realizada baixo a dirección do profesor Oscar Rodil.
O traballo de Diana obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude, outorgada por un tribunal formado por José Manuel Sánchez Santos, da Universidade da Coruña; Jorge Alberto López Arévalo, da Autónoma de Chiapas (México); e María del Carmen Sánchez Carreira, da USC.
Máis información no Xornal da USC 19-07-2016
viernes, 8 de julio de 2016
Presentación do libro: Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México
O martes 12 de xullo, no Salón de Graos da Facultade, presentouse o libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México. O reitor da USC e a Decana da Facultade acompañaron aos autores Óscar Rodil Marzábal, Director do estudo, Mª del Carmen Sánchez Carreira, ambos profesores da USC, Jorge A. López Arévalo, da Universidad Autónoma de Chiapas (México) e Emmanuel Arrazola Ovando, da Universidad del Mar (México).
No estudo abórdase a análise das relacións comerciais e produtivas entre a Unión Europea e América Latina, xunto a un exame máis detallado das relacións de Brasil e México cos seus principais socios europeos (Alemaña, España, Francia, Italia, Reino Unido, os Países Baixos). O obxectivo central xira en torno á análise dos cambios ocorridos no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe ao longo das dúas últimas décadas. Neste sentido, incorpora unha nova dimensión Norte-Sur ao estudo deste fenómeno.
Información na web da Fundación Unión Europea-América Latina y el Caribe (EU-LAC).
Artigo no Xornal da USC 12-7-2016
Web da Universidad Autónoma de Chiapas
Artigo no Xornal da USC 12-7-2016
Web da Universidad Autónoma de Chiapas
viernes, 1 de julio de 2016
Matrícula para o curso 2016-2017
O Máster DEIN, incluido na categoría de Máster con criterios de selección XERAIS, acaba de publicar o calendario do proceso de matrícula para o curso 2016-2017:
Solicitude de praza: Do 4 xullo ao 4 agosto
Publicación adxudicación prazas: 8 agosto
1º convocatoria matrícula admitidos: 9 - 11 agosto
2º conv. Matrícula con lista de agarda: 17 - 18 agosto
3º conv. Matrícula con lista de agarda: 22 - 23 agosto
Matrícula en vacantes (Máster sen listaxe de agarda): 18 agosto – 16 setembro
Solicitude de praza: Do 4 xullo ao 4 agosto
Publicación adxudicación prazas: 8 agosto
1º convocatoria matrícula admitidos: 9 - 11 agosto
2º conv. Matrícula con lista de agarda: 17 - 18 agosto
3º conv. Matrícula con lista de agarda: 22 - 23 agosto
Matrícula en vacantes (Máster sen listaxe de agarda): 18 agosto – 16 setembro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)