Competencias necesarias na xestión da innovación na área Biosanitaria
Victoria Sánchez Costa, alumna do Máster DEIN 2013-2014.
Para unha pedagoga infiltrada no
mundo da biomedicina a través do traballo de avaliación da actividade
científica, o Máster DEIN púxome en contacto cunha área de coñecemento
diferente a da miña formación inicial e imprescindible para o desempeño
profesional adecuado dentro da xestión da investigación científica e da
innovación nun contexto cada vez máis global e internacional.
Dende que rematei o Máster estou
traballando como Xestora de Proxectos de Investigación nunha Fundación para a
Investigación, Desenvolvemento e Innovación Biosanitaria. Sen lugar a dúbidas,
a formación adquirida no máster e a experiencia profesional e académica dos
profesores e compañeiros aportáronme un coñecemento excelente para o traballo
que estou a realizar.
Entre as competencias adquiridas
importantes para o desempeño do meu traballo, quero destacar en primeiro lugar,
e porque moitas veces esquencemos a importancia da teoría para levar a cabo
unha boa práctica, a adquisición de coñecemento teórico e instrumental para o
deseño e xestión de programas e proxectos relacionados coa xestión da
investigación e a innovación, neste senso, o coñecemento aplicado e de ferramentas
para o diagnóstico e elaboración de informes de carácter técnico tamén debe ser
suliñado. Por outra banda, e máis relacionado co coñecemento tácito, as
prácticas en empresas, aínda que curtas, favorecen a capacidade para levar a
cabo proxectos de I+D e de Innovación.
O curso académico 2013-2014 foi
esixente (estudo, traballos, exames) e, como todo, con posibilidades de
mellora...pero a avaliación global do mesmo para min é óptima, xa que me
ofertou unha cualificación profesional acorde coas demandas dun mercado laboral
cada vez máis versátil e no que o contexto máis cercano e o máis internacional
deben convivir en escenarios económicos e científicos cada vez máis dinámicos e
globais.
O valor da formación de Mestrado no desenvolvemento profesional
Técnico en I+D na OTRI da Universidade da Coruña
Como exalumno do Mestrado a miña
valoración da formación recibida é francamente positiva, permitíndome adquirir
competencias específicas nas áreas do desenvolvemento rexional e local e da
xestión da investigación e da innovación.
É precisamente a segunda área a
que axudou a que, con posterioridade a estes estudos, puidese desempeñar
tarefas laborais como a xestión e execución de proxectos e grupos de
investigación en universidades primeiro e, actualmente, participar na xestión
de programas de I+D tamén en institucións públicas.
Ademais disto, o Mestrado DEIN
permitiume acceder ao Programa de Doutoramento en Economía e Empresa da Universidade
de Santiago de Compostela, facilitando desenvolver os meus intereses na investigación no eido das
políticas rexionais de I+D+i, das estratexias de especialización intelixente e
do desenvolvemento económico a través do cambio estrutural.
A contribución do Mestrado DEIN á
miña formación foi non só útil en canto á favorable acollida no mercado laboral,
senón que me permitiu complementar e reforzar visión crítica da realidade
socioeconómica.
Tecendo redes para o desenvolvemento
Carme Casado Casado
Responsable de Promoción Económica no Concello de Santiago de Compostela
A cambio as persoas que nos
adicamos ao desenvolvemento local desfrutamos da proximidade ao territorio e
aos resultados das nosas políticas, da certeza de contribuir ao cambio e
mellora das cidades e vilas que habitamos e da seguridade de avanzar na
democratización real dos procesos de acceso ao mercado laboral e emprendemento
da cidadanía.
Participar no Máster
Universitario de Desenvolvemento Económico e Innovación, tras 6 intensos anos
de exercicio profesional como Responsable de Promoción Económica no Concello de
Santiago, aportoume maiores fundamentos teóricos para unha mellor
definición e avaliación das políticas públicas da miña área de
competencia. Axudoume tamén a sistematizar métodos e procesos de
traballo, supondo un importante aforro no tempo que adicaba a determinadas
tarefas. E permitiume coñecer e analizar casos de éxito con facilidade e
proximidade, ampliando notablemente a miña visión sobre as políticas de
desenvolvemento económico.
Tamén é destacable a rede de
contactos e ideas que se tecen no desenvolvemento do master entre o alumnado e
o profesorado do mesmo. Unha rede na que se mezclan perfís profesionais moi
diferentes entre si e que me resultou tremendamente útil no plano profesional e
académico. O master é un espazo de aprendizaxe formal e reglado, pero tamén
informal e compartido, no que a compoñente de debate e o intercambio de
coñecemento están moi presentes.
Máis aló da duración do master, a
rede de información e coñecemento segue funcionando e ampliándose a cada
momento, aportádonme novas ideas e recursos que enriquecen o meu traballo e
perfil profesional. Recomendaría a calquera persoa disposta a aprender e
mellorar a realización deste master e a participación nesta rede de persoas que
desfrutamos tanto no exercicio da nosa profesión.
A base para a carreira investigadora
Adrián Dios
Ao rematar a carreira de Economía
tiña claro que o que quería era desenvolver competencias para camiñar na
carreira investigadora.
Se ben na actualidade esta saída
laboral se amosa complexa (como tantas outras), o master DEIN foi un bo espazo
para poder adquirir novos coñecementos. Pola miña banda, que escollín o
itinerario investigador, podo dicir que as competencias que se trasladaban
foron moi útiles de cara a este obxectivo.
A preparación dun Traballo de Fin
de Master esixente, e as ferramentas proporcionadas para poder desenvolvelo,
foron para min de grande utilidade de cara a comezar carreira investigadora. Do
mesmo xeito, o apoio dunha boa parte do profesorado e a súa disposición a
axudar ante calquera dúbida para ampliar coñecementos fan deste Master un bo
lugar se se ten interese non só en ter unha titulación, senón tamén en
continuar aprendendo.
É certo que na actualidade é
complexo saír adiante no mundo da investigación ante a redución de bolsas
públicas e privadas para o desenvolvemento da tese, pero o Master
proporcionoume uns contidos sen os cales na actualidade non tería as
posibilidades de facer o que me gusta.
A
INNOVACION PARA ACADAR UN FUTURO DE CALIDADE
Carlos Grande Sellera, Alumno Master DEIN curso 2009-2010
Trala miña formación en economía, comecei a desenvolver a miña carreira profesional no eido bancario, pero dado que me tocou vivir unha mala época dada a crise económica que sufriu o país (e seguimos pasando) pensei en trocar o meu futuro laboral.
Os paradigmas ata agora
concibidos están a mudar e nunha economía débil e sen moitas oportunidades de
atopar ou crear emprego de calidade, a Innovación é fundamental para tratar de
mudar o establecido.
Apunteime ao máster DEIN posto
que me chamou moito a atención dende o primeiro momento. Lembro que dende que
lle votei unha ollada ao programa do máster, pensei na grande utilidade
formacional e laboral que me ía aportar,
e así foi.
Grazas ao máster, coñecín os
fundamentos básicos da innovación e como se foi forxando dende Schumpeter ata o
día de hoxe, o que demostra que non é unha moda pasaxeira e temporal. Considero
necesario ter unha boa base teórica (como a que aporta o máster) e acompañala
dunhas prácticas que permitan pór en valor os coñecementos teóricos acadados,
tal e como se fai no máster DEIN.
Posteriormente continuei
formándome no eido da innovación e de xestión de proxectos de innovación (Rede
Xiga), o que me levou a ser xestor de innovación dunha empresa TIC. A
experiencia e os coñecementos adquiridos no máster e na rede Xiga permitíronme
poder acadar o posto de traballo que actualmente teño. Dende fai un ano e medio
son xestor de innovación e transferencia nunha fundación de investigación
biomédica de Galicia. Ademais, xunto co meu compañeiro, somos os representantes
do Nodo Galicia da plataforma ITEMAS (Plataforma de Innovación en Tecnoloxías
Médicas e Sanitarias) organismo dependente do Instituto de Investigación
Sanitaria Carlos III. As funcións que
desempeño son moi variadas e abranguen diferentes eidos, como creación de
spin-off , desenvolvemento de proxectos de innovación asistencial, proxectos de
compra pública innovacdora (CPTI), protección do coñecemento, xestión de
proxectos, etc.
Para concluír, dicir que, facer o
máster foi unha das mellores decisións que tomei na miña vida posto que me deu
a coñecer un campo que cambiou a miña carreira e agardo que coma min a moitos
máis.
Innovación
y estrategia
Javier Pardo Calvo, Alumno
Master DEIN curso 2009-2010
Mi trayectoria profesional me ha
ido derivando hacia un sector determinado como es el sector de Consultoría en
Estrategia empresarial e Innovación. Desde el 2004 hasta 2009 trabajando en la
Universidad de Santiago de Compostela (USC) en el programa de creación de
empresas “Empresa Concepto”, programa de las tres universidades gallegas y el
CSIC hasta mi participación como socio promotor en la iniciativa Blubusiness (www.blubusiness.es) he podido aprender más
y más hasta sentirme realmente seguro en la tarea ardua de Consultoría de
empresas, donde considero que es clave estar siempre al corriente de las
últimas novedades en metodologías y herramientas.
Para lograr realizar un buen
trabajo, un máster como el Máster DEIN que cursé en el año académico 2009-2010,
me ha supuesto el disponer de conocimiento teórico y práctico de las más
relevantes teorías, si bien me ha interesado más desde un principio el binomio
Tipos de innovación y Estrategia empresarial. Así, el Trabajo fin de Máster no
fue otro que el madurar la vinculación de los diferentes enfoques sobre Tipos
de innovación existentes (ya sea innovación como proceso o como resultado) y
las diferentes metodologías en el campo de la Estrategia empresarial.
Sirva como punto relevante que,
desde el 2012, trabajo como consultor freelance asesorando a empresas clientes
para solicitar financiación a diferentes organismos como puede ser ENISA y,
aquí el botón, siempre he empleado los enfoques teóricos trabajados en el Máster
DEIN para madurar los distintos proyectos. Puedo decir que he logrado que aprobasen
más de 10 proyectos de Start-ups y empresas más maduras con una tasa de éxito
superior al 70%. Con una financiación lograda de unos 75.000 euros por Start-ups,
decirme si el enriquecimiento conceptual que me ha supuesto la experiencia
profesional y la formación teórica (incluido el Máster DEIN de la USC) ha sido
positivo. Yo considero que ha sido clave.
Con toda la humildad permitirme
que os referencie el libro que he publicado en Bubok que versa, como no podría
ser de otra forma, sobre Innovación y Estrategia. Lleva por título: “Estrategia
de Innovación acorde con la Madurez de la Tecnología” (para verlo pincha AQUÍ).
Visión global da Innovación
Doutorando en Economía
O máster DEIN da USC resultou ser
unha ferramenta na miña formación, tanto profesional coma persoal,
indispensable. Durante a miña etapa no máster, puiden adquirir un profundo
coñecemento no eido da innovación no seu sentido máis amplo. Ademais e sendo
case o que máis valoro, permitiume adquirir unha visión global do que son os
sistemas económicos na actualidade, condición que resulta moi difícil de atopar
na maioría dos másters ofrecidos actualmente e que che proporciona un gran
valor engadido no momento de afrontar e analizar diversos problemas que xera o
período actual, factor que é moi apreciado tanto no mundo da empresa como no
campo da investigación.
Aínda que o máster proporcionoume
a base que necesitaba para iniciar o camiño no doutoramento, a rama profesional
que oferta ofréceche a posibilidade de realizar prácticas en diversas empresas
e instrucións. Persoalmente puiden disfrutar dunha experiencia moi gratificante
nunha empresa profundamente innovadora, Galchimia, que doume a
oportunidade de coñecer máis de preto cales son os retos da innovación dentro
do mundo da biotecnoloxía.
Por último, gustaríame sinalar a
excelente capacidade do profesorado e a rede internacional na que está inmerso
o curso, o cal lle permite organizar conferencias onde se pode disfrutar de
destacados especialistas internacionais.
Master
DEIN, una herramienta de transferencia de conocimiento a la sociedad
Rosario Pardo Calvo (Curso
2009-2010)
Consultora y Emprendedora en
BluBusiness
Después de realizar un Master en
Dirección y Gestión de Empresas de Biotecnología en Madrid afortunadamente
comencé a trabajar en la Universidad de Santiago en un programa de
emprendimiento, por aquel entonces pionero en toda España. Con el fin de
renovar y ampliar mis conocimientos, en el año 2009 decidí cursar el Master de
la Universidad de Santiago en Desarrollo Económico e Innovación (DEIN) con el
que, tal y como apuntó la compañera Victoria Sánchez en este Blog, la adquisición de conocimiento
teórico relacionados con la gestión da investigación y la innovación tiene una
relevancia que muchas veces no es considerada. La visión de diferentes autores,
sus reflexiones, las tardes de debate con el magnífico cuadro de docentes, así
como los diferentes colaboradores profesionales del mundo de la empresa con los
que cuenta el Master, junto con los alumnos que allí asistíamos, me ha aportado
nuevos puntos de vista, nuevos conocimientos y fuentes de referencia, nuevos
puntos de partida para aplicar en mi actual profesión como consultora de
desarrollo de negocio e innovación en BluBusiness - Innovation and Business
Development (www.blubusiness.es). Mi labor ahora ayudar e poner en valor
conocimiento, a diseñar RoadMap tecnológicos, analizar mercados, definir
estrategias, desarrollar modelos de negocio con un fuerte componente
tecnológico…y más.
La verdad, estoy encantada, es un
proyecto muy gratificante, entre otras muchas cosas, por la diversidad de
proyectos en los que mis socios, Javier Pardo y Roberto Graña, y yo misma
podemos colaborar. Ver cómo resultados de años de investigación pueden ser
transferidos a nuestra sociedad aportando un gran valor añadido y poder formar
parte de ese proceso es muy enriquecedor.
Desde mi punto de vista, la vida
es eso, transferencia, de saber hacer, de conocimiento, de vida…y, el haber
realizado el Master ha sido eso, un camino en el que profesionales y estudiosos
han transferido sus conocimientos y experiencias en nosotros para poder llevar
a cabo o participar en el Desarrollo Económico e Innovación de nuestro País.
O
inicio dun fantástico voo polo mundo do coñecemento
Doutoranda en Economía
O Máster en Desenvolvemento
Económico e Innovación (DEIN) estrutúrase en torno á importancia do papel do
coñecemento e da innovación no desenvolvemento das economías. Ao través de
diferentes materias e da man de profesores cunha ampla bagaxe nos seus
respectivos campos de investigación, abre as portas a distintas opcións
laborais, tanto se se opta pola orientación profesional coma pola rama
investigadora. Neste post sintetizarei a miña experiencia, que partiu da
escolla da liña de investigación en innovación. Para min, o máster supuxo a
posta no centro do coñecemento como eixo dunha vía de desenvolvemento
profesional. Veu ser coma montar no globo que me permitiu despegar o voo e
comezar a ver o mundo dende outra altura, adquirindo unha visión máis sistémica
de calquera fenómeno da realidade, establecendo as coordenadas a partir das que
uns elementos se relacionan con outros e admitindo que todo está en movemento.
Como parte do programa de
formación, obtiven coñecementos teóricos que serviron para sentar as bases da
miña liña de investigación propia. A discusión nas aulas de textos clave da
literatura científica foi esencial para desenvolver un xeito de pensar
criticamente a realidade, facéndome continuas preguntas e evitando asumir verdades
absolutas. Por outra parte, os contidos de carácter eminentemente práctico que
se inclúen en boa parte das asignaturas, permitíronme coñecer os diferentes
métodos e técnicas de investigación, así como comezar a actividade
empírica.
Ollando cara atrás nestes 3
bienios dende que eu realizara eses estudos, gustaríame transmitirvos o
entusiasmo polo mundo da investigación. Se ben é certo que na actualidade os
recortes orzamentarios que afectan á Universidade non animan a optar por esta
vía, eu diría que unha non debe renderse, especialmente se sente a
vocación. No meu caso, tras unha pequena
incursión a través da memoria realizada para rematar o máster, na que abordei a
temática da eco-innovación e das políticas para promovela, decidín entrar de
cheo no mundo da investigación e deixar o labor profesional que viñera desempeñando
durante seis anos no ámbito da empresa privada. O máster foi o punto de partida
para comezar a miña tese de doutoramento, na que continúo a traballar
actualmente; permitiume ademais, ao integrarme no grupo Icede, participar de
maneira activa no proxecto de investigación SPREE (Servicizing Policies for
Resource Efficient Economy) financiado polo 7º Programa Cadro da Unión Europea,
e ao que vimos de poñerlle fin no pasado mes de xuño.
Nunhas liñas, podería sintetizar a
miña experiencia en investigación ao longo destes anos como un conxunto de absorbentes horas de
lecturas interesantes, de descuberta de novos conceptos, de identificación de
diferentes claves para interpretar o mundo; de estimulantes sesións de
discusión científica cos colegas do grupo Icede e tamén con investigadores doutras
universidades e centros de investigación de diversos países europeos e expertos
das máis variadas disciplinas; de procesos de aprendizaxe, de proba e erro, de
proposta e reforma; de xornadas de traballo a pé de campo, en interacción coas
persoas, empresas e entidades para saber dos problemas aos que a ciencia lles
procura unha solución; de horas de reflexión e escritura para contribuír a
crear novo coñecemento, ligando a realidade observada a esas estruturas máis abstractas
de conceptos teóricos que a sosteñen, e de difusión á comunidade científica e á
sociedade en xeral de pequenas propostas de mellora.
A investigación, que ten por
obxectivo a xeración de novo coñecemento, debe contribuír á mellora e o
benestar da sociedade. Á par dunha opción para o desenvolvemento profesional,
tamén é un camiño para o crecemento persoal. Sen medo ás alturas.
María José Fernández Varela
(Curso 2009-2010)
Xerenta do Grupo de
Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo
Realicei o Máster de
Desenvolvemento Económico e Innovación a cabalo entre ou traballo e outro,
ambos relacionados co desenvolvemento económico. A reflexión teórica que me
procuraron estes estudos, axudáronme enormemente a entender de forma máis clara
algunhas das accións que se desenvolven, e a forma en que se levan a cabo. O
esforzo e o tempo merecen a pena, cando as reflexións e as aprendizaxes quedan
marcadas e te acompañan na túa senda profesional, cambiando para sempre, e
sempre para mellor, a maneira de reflexionar, planificar e executar o teu
traballo.
No eido da innovación, o marco
teórico proporcionado valeume para investigar e aprender sobre cousas moi
interesantes das que descoñecía a existencia, e que cada certo tempo vou
retomando, para seguir aprendendo e profundando neses coñecementos, da man e
coa axuda do profesorado do máster. Algunhas veces eses esforzos tradúcense en
artigos ou publicacións que me fan sentir orgullo, e me animan a seguir
aprendendo e buscando a maneira de aplicalas, para facer da miña minia
aportación, algo que faga o mundo mellor.
Do máster destacaría por último a
xente que vas coñecendo, e que a medida que pasan o tempo, vas apreciando cada
vez máis, dende o persoal e dende o profesional. Porque sexa a nivel formal ou
informal, creouse unha rede que sigue viva, e a proba está neste blog.
Para o futuro, e dende o punto de
vista máis pragmático e terrenal, espero que o “tituliño” me valga para seguir
acadando metas e pasando entrevistas, como o papel que é, e que acredita o
esforzo e o coñecemento para optar a un posto de traballo mellor.
UNHA FERRAMENTA
IMPRESCINDÍBEL PARA A EVOLUCIÓN PROFISIONAL
Director de Innovación en Fundingbox Group
A miña aproximación inicial ó
Master DEIN prodúcese tras 12 anos de traxectoria profisional no eido da
consultaría nos que acumulei un alto grado de especialización no asesoramento
relacionado con fontes de financiamento público internacional de proxectos de
innovación. O transcurso da miña
carreira profisional ate ese momento é abundante en experiencias con diferentes
tipos de organizacións públicas e privadas que me aportan experiencias moi
diferentes á vez que complementarias entre sí, sempre arredor do deseño,
planificación e financiamento de proxectos de innovación tecnolóxica. Sen
embargo, a pesar da positiva evolución profesional acadada, percibo unha falla de
modelos conceptuais e teóricos que me permitan optimizar todo o coñecemento
adquirido durante este período e evoluir cara a novos retos e competencias
dentro do meu sector de actividade.
No Máster DEIN sen dúbida atopei
o que precisaba para eliminar a falla percibida con antelación, colmando
plenamente as miña motivación inicial no meu achegamento ó Máster. A titulación
ofrece unha riqueza e especialización de contidos totalmente axeitada para
construir a arquitectura teórica e conceptual que calquera profisional
relacionado coa economía da innovación debería manexar no desempeño das súas
actividades profisionais. Na miña experiencia persoal foi particularmente
interesante descubrir como coñecementos adquiridos durante a miña traxectoria
profisional dun xeito bastante intuitivo, atopaban de súpeto un encadramento
teórico e conceptual óptimo, facilitando a construcción dunha narrativa
atractiva para poñer en valor o percorrido realizado e dar lugar a novos
productos e servizos de valor engadido.
A realización do Máster propiciou
un período de fertilidade creativa moi
satisfactorio para min e a miña organización, dando pé á creación de novos
productos, orientados ó deseño de instrumentos e políticas de innovación. O
coñecemento adquirido axudou enormemente a diversificar a carteira de productos
previa ó meu paso polo Máster, aportando sobre todo criterio e modelos de
referencia sobre os que construir o relato máis axeitado para cada tipo de cliente.
Do mesmo xeito que a miopía
precisa do uso duns lentes axeitados para facilitar a visión lonxana, o Máster
aportoume os lentes que precisaba para visualizar alén do evidente e
incremental da miña experiencia previa, conferíndome unha capacidade mesmo
disruptiva no meu eido de actividade.
Sen dúbida recomendo o Máster
DEIN a calquera profisional con experiencia que desenvolva actividades
relacionadas coa economía da innovación, o Máster axudaralle a evoluir e
progresar no desempeño da súa actividade, a visualizar novas oportunidades de
negocio, e a afrontar retos novos e máis sofisticados.
El
puente a la cooperación internacional
César Augusto Tamayo Herrera (Titulado
Master DEIN curso 2012-2013)
Doctorando en Desarrollo
Económico e Innovación
La experiencia como estudiante en
este programa de posgrado me ha permitido fortalecer mis conocimientos
relacionados con el desarrollo económico y la innovación aplicados al
aprovechamiento de las potencialidades del sistema nacional de innovación del
Ecuador, facilitar la cooperación universitaria entre los departamentos de
Economía Aplicada de la Universidad de Santiago de Compostela y el departamento
de Ciencias Administrativas y del Comercio de la Universidad de las Fuerzas
Armadas-ESPE del Ecuador, considerando la estrecha colaboración brindada por
los docentes y estudiantes de las dos universidades. Es importante señalar que
las virtudes del pensum académico del Máster, me han facilitado que al ser parte
de la planta docente y de manera particular, por haber sido parte de la
Dirección del Departamento de la Universidad de las Fuerzas Armadas del
Ecuador-ESPE, orientar el mejoramiento de los procesos de I+D+i y el fomento del desarrollo a través de convenios
y proyectos de investigación con otras universidades, centros de investigación
nacional e internacional y el Estado ecuatoriano.
En fin, el valor académico y agregado obtenido del Máster, de manera particular me ha permitido difundir y atraer nuevos estudiantes ecuatorianos interesados en incursionar en el desarrollo económico, la investigación y la innovación, bajo la guía y tutela de los profesores del departamento de Economía Aplicada de la USC.
En fin, el valor académico y agregado obtenido del Máster, de manera particular me ha permitido difundir y atraer nuevos estudiantes ecuatorianos interesados en incursionar en el desarrollo económico, la investigación y la innovación, bajo la guía y tutela de los profesores del departamento de Economía Aplicada de la USC.
Es importante mencionar que
gracias a una beca otorgada por el gobierno del Ecuador, como parte de una
serie de estrategias que impulsa el Gobierno para el desarrollo científico del
país, luego de haber superado un estricto proceso de selección personal y la
alta valoración académica del programa, se me permitió acceder a los estudios
de posgrado en la USC, aspecto que ha sido una de las mejores experiencias en
mi carrera y mi vida.
A
MELLOR ELECCIÓN FORMATIVA PARA A CARREIRA INVESTIGADORA
Pedro Varela Vázquez (Titulado do Máster DEIN no curso 2010-2011)
Investigador predoutoral en Desenvolvemento Económico e
Innovación.
Os estudos no eido do desenvolvemento económico e da innovación constitúen un piar fundamental nunha formación multidisciplinar, tanto na esfera privada como na pública. Nun contexto socioeconómico en continuo cambio, a xestión satisfactoria dos fluxos de coñecemento e a análise sistémica dos factores clave para fomentar procesos innovadores, convértense en instrumentos esencias para lograr unha maior competitividade empresarial, así como un crecente nivel de desenvolvemento económico. Neste sentido, o Máster DEIN supuxo unha ferramenta esencial na miña carreira investigadora para a consecución destes obxectivos.
Os estudos no eido do desenvolvemento económico e da innovación constitúen un piar fundamental nunha formación multidisciplinar, tanto na esfera privada como na pública. Nun contexto socioeconómico en continuo cambio, a xestión satisfactoria dos fluxos de coñecemento e a análise sistémica dos factores clave para fomentar procesos innovadores, convértense en instrumentos esencias para lograr unha maior competitividade empresarial, así como un crecente nivel de desenvolvemento económico. Neste sentido, o Máster DEIN supuxo unha ferramenta esencial na miña carreira investigadora para a consecución destes obxectivos.
Ao finalizar os meus estudos de
Economía, a miña curiosidade investigadora xa estaba moi vencellada ao sector
enerxético e, en particular, á análise das dinámicas do sector eólico. Máis aló
do coñecemento teórico e aplicado acadado ao cursar o devandito Máster, as súas
principais contribucións foron o fomento dunha cultura investigadora crítica co
obxecto de estudo, e o impulso a preguntarse o porqué dos diferentes fenómenos
económicos. Pode parecer obvio, pero nun mundo profesional tan cambiante e
especializado, promover un espírito inquieto pode constituír a mellor
ferramenta para intentar comprender, adaptarse e fomentar os cambios.
A pesar destas achegas do Máster
anteriormente sinaladas, cómpre que sinale un último factor clave para escoller
esta titulación, que co paso do tempo puiden valorar na súa plenitude. Este
derradeiro factor, pero por iso non menos importante, é o capital humano. Tras
o meu paso como alumno do Máster, tiven e teño a oportunidade de colaborar en
tarefas de investigación e docentes con gran parte do cadro de persoal que
compón esta titulación. Ademais da súa calidade humana, debo de subliñar o seu
continuo activismo na carreira investigadora, que supón para min un aliciente e
exemplo a seguir, así como a súa formación continua como docentes.
Para concluír, debo sinalar que o
Máster DEIN supuxo un piar fundamental na miña preparación académica e
constituíu un elemento formativo esencial nas miñas posteriores actividades
investigadoras. Dende a miña óptica de carreira investigadora, recomendo a
realización do Máster para acadar unha visión sistémica das dinámicas da
innovación, promoción sectorial e, en definitiva, no eido do desenvolvemento
económico.
La
I+D+i sí tiene futuro
Iván López Blanco (Titulado del curso
2013-2014)
Al terminar la Licenciatura en
Economía en la Universidad de León, se me planteaban grandes interrogantes
referidos a mi futuro, no sólo al inmediato, sino al futuro profesional, al qué
quería ser cuando fuera mayor (como se les suele preguntar a los niños
pequeños).
En una economía en crisis, una
tasa de paro tan elevada (en especial en lo que se refiere al paro juvenil) y
la abundancia de titulados universitarios en mi misma situación, necesitaba
enfocar el futuro desde otra perspectiva.
Lo cierto es que nunca me ha
gustado hacer lo mismo que los demás, prefiero ir un poco a contracorriente,
arriesgarme y diferenciarme, y por eso elegí el Master en Desarrollo Económico
e Innovación de la USC. Es cierto que tenía otras opciones en las que también
había sido admitido, pero tenía la decisión tomada, y con el tiempo se ha
demostrado que ha sido la acertada.
Seguramente haya asignaturas que
te pueden parecer aburridas, incluso tediosas, pero cuando lo mira con cierta
distancia y después de un tiempo te das cuenta de que no sólo eran necesarias,
sino que eran imprescindibles.
Hoy en día trabajo en una
consultoría de estrategia empresarial en Barcelona, enfocada en startups,
principalmente son empresas tecnológicas del sector internet. Algunas de estas
empresas realizan I+D y la mayoría algún tipo de innovación. Es fundamental
conocer las diferencias entre investigación, desarrollo e innovación. Si no
hubiese realizado este Master no podría desempeñar la labor que realizo
actualmente, ya que han sido las competencias adquiridas en él las que me han
ayudado tanto a encontrar trabajo como a desarrollarlo de manera efectiva y
eficiente.
Desde aquí animo a todos aquellos
estudiantes interesados en las nuevas tecnologías y con ganas de aprender cosas
nuevas y de diferenciarse, a que escojan este Master, ya que podrán adquirir
las competencias necesarias para desempeñar un trabajo en este sector.
Natalia Gómez Cambón, Titulada del curso 2013-2014
Sector bancario
Decidín realizar o Máster en
Desenvolvemento Económico e Innovación con unha motivación clara;
especializarme dentro dun campo en concreto que me permitira entrar no mundo
profesional dende unha perpectiva de coñecedora da materia, e non de mera espectadora.
Ao mesmo tempo, sentinme atraída por este Máster por unha banda polo foco que
poñía en temas tan interesantes para o momento económico e xeopolítico no que
nos atopamos, como poden ser a economía e as diferentes formas de estruturar
sistemas produtivos propios para cada rexión ou país, e por outra banda, pola
experiencia profesional que adquirimos dentro do propio Máster.
A día de hoxe, podo decir que
tanto a formación adquirida en campos como a investigación ou os fundamentos
económicos, e a constante posta en práctica de proxectos reais de
desenvolvemento, servíronme para conseguir realizar mellores proxectos dentro
da miña empresa, sabendo aproveitar o grande sistema normativo europeo actual,
que nos abre a interactuar dentro dun espazo cheo de oportunidades e recursos
máis alá da nosa rexión ou país.
Contable en empresa cooperativa e doutoranda
Curso 2010-2011
Trala
finalización da Licenciatura en Economía, entre a toma dunha decisión e tamén
curiosidade, apostei por cursar o Máster DEIN; o que supuxo para mín un espazo
de adquisición de coñecemento sobre o desenvolvemento económico, rexional e
local, tanto dende o punto de vista de diferentes autores, docentes e tamén a
xeración dunha productiva dinámica de debate e aproveitamento de sinerxias con
todos eles; e tamén compañeiros e compañeiras. En definitiva, constituiu a
xeración dunha engranaxe na que adquirín, alén de coñecementos teóricos,
aprendizaxe das relacións humanas e a colaboración e cooperación entre todos e
todas; o que para mín contribuiu ao desenvolvemento de capacidades e
adquisición de competencias e ferramentas necesarias para o desenvolvemento no
eido profesional, xa que actualmente desenvolvo a miña actividade profesional
no mundo do cooperativismo, xa que son socia traballadora dunha cooperativa de
traballo asociado.
O
curso tamén significou lograr a capacidade de dotarse dunha ollada crítica
sobre a realidade que nos rodea, tanto dende o punto de vista socioeconómico
como sociopolítico. Xa que, para unha “soñadora dun rural galego con vida”, a
implementación de políticas axeitadas ao territorio, supón a posibilidade
efectiva de contribuir á mellora con cambios, fortalecemento de economías
locais, xeración de emprego e calidade de vida das persoas que habitan o
territorio; polo que o meu traballo fin de máster analizou a Política de
Desenvolvemento Rural da Unión Europea, realizando unha comparativa dos
programas de desenvolvemento rural das Comunidades Autónomas.
Ademais,
o Máster DEIN permitiume acceder ao doutoramento, a través do cal estou realizando
un proxecto de investigación sobre a Contribución das Políticas de
Desenvolvemento Rural á diversificación das áreas rurais.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.