É o título do
debate organizado por un grupo de alumnas de 4º curso do Grao en Administración
e Dirección de Empresas, e no que participaron os profesores da USC Ángel
Carracedo, Xavier Vence e Jorge Mira e moderado pola profesora do Máster Loreto
Fernández.
O tema, o
impacto da crise económica na investigación académica, foi abordado a través
dunha serie de preguntas que as estudantes plantexaron aos membros da mesa,
tres recoñecidos e prestixiosos investigadores nas súas respectivas áreas de
coñecemento: Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal, en ciencias da
saúde, Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada e Coordinador do Máster
DEIN, en ciencias sociais, e Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo, na
área das ciencias experimentais.
Todos eles
efreceron a súa opinión acerca de cuestións como: como afectan as flustuacións
da economía aos seus traballos de investigación, por que en España non se
fomenta a I+D como factor clave de desenvolvemento e crecemento ao mesmo nivel
que noutros países da contorna, a fuga de investigadores ao estranxeiro por
falta de oportunidades no noso país, e de que forma podemos fomentar a
concienciación social acerca da relevancia do I+D.
O video contén o
debate completo. Noraboa ás estudantes autoras desta iniciativa Ana Mª Mera,
Alba Pombo, Alejandra Paradela, Marisol Pastoriza e Raquel Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario