O mércores 11 de marzo impartirase a
conferencia ten por título "Hacia la medición del impacto
socioeconómico de las empresas sociales. Dos realidades distintas México vs
España" por Julieta Martínez Cuero,
investigadora posdoutoral do Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología na
Universidad Autónoma de Barcelona.
A investigación
que nos presentará susténtase na
necesidade de deseñar e calcular un conxunto de indicadores que permitan medir
o impacto das empresas sociais en distintos contextos económicos, sociais e
políticos. O obxectivo é construir un índice sintético que permita articular a
valoración da actividade económica do sector social coa xeración de valor
social; incorporando na análise operadores lóxicos que permitan captar aspectos
multidimensionais e únicos para cada lugar nun determinado momento. Esto é, búscase
avanzar nunha ferramenta metodolóxica que non se limite ao uso e/ou traducción
de variables contables a feitos sociais. Para eso, aténdese a creación de valor
social no interior e no exterior das empresas sociais. No interior medindo o
cumprimento de valores asociados a prácticas non capitalistas e no exterior a
través de indicadores que estean relacionados con variables cualitativas do
debilitamento do Estado de Benestar.
A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster DEIN, pero tamén poderán
asistir as persoas interesadas.
Mércores 11 de marzo de 2015
12:00
horasAula 21bis da Facultade de Cc. Económicas e Empresariais
No hay comentarios:
Publicar un comentario