Goretti Durán Piñeiro, alumna do
Máster na promoción 2013-2014, presentou recentemente a súa tese de
Doutoramento, na que estuda como inflúen os xenes no tratamento dos tumores de
cabeza e pescozo. Dita tese foi dirixida por María Jesús Lamas, Rafael López e
Ángel Carracedo.
Goretti Durán é licenciada en
Farmacia e titulouse no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación no
curso 2013-2014. O seu exemplo mostra o diverso perfil de alumnado do máster,
que resulta enriquecedor. O seu Traballo
Fin de Máster abordou unha temática tan novidosa como a análise do retorno
económico e social do investimento da e-interconsulta de cardioloxía na área de
Vigo. Asemade, mostrou a importancia de realizar colaboracións
interdisciplinares para avanzar no coñecemento. Podedes consultar a entrevista publicada na Voz de Galicia o mércores 24 de febreiro de 2016, premendo AQUI.
Parabéns Goretti!
No hay comentarios:
Publicar un comentario