O Máster en
Desenvolvemento Económico e Innovación organiza unha actividade formativa,
aberta ao público, sobre Economía Circular, unha das principais estratexias
actuais europeas para xerar crecemento e emprego. Baixo o título “Economía
Circular: un novo modelo produtivo para sair da crise”, estas xornadas
incluirán a visión de diversos investigadores sobre o papel da economía
circular, así como representantes de administracións públicas que explicarán as
iniciativas que se están a desenvolver dende as mesmas. Asimesmo, a Fundación para la Economía Circular analizará
cal é a situación en España e contaremos tamén con varias empresas dos
distintos sectores económicos que xa están aplicando os principios de economía
circular na súa actividade. Resérvase un espazo para o debate cos asistentes
tras cada mesa de intervención.
A asistencia
é libre e convidámos a asistir a todas as personas interesadas.
O lugar de
celebración será o Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
da Universidade de Santiago de Compostela, o xoves 30 e venres 31 de marzo de
2017.
A
continuación tedes o programa completo destas xornadas, que tamén pode descargarse AQUI.