O profesor Manuel Arturo López Quintela que imparte docencia no Máster DEIN
na materia Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías, ingresou o pasado día 16
de febreiro como académico da Real Academia Galega de Ciencias. O discurso do
seu acto de ingreso titulouse “Clústeres cuánticos de átomos: o último
reducto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía”.
Manuel Arturo López Quintela é Catedrático
no Departamento de Química Física da Universidade de Santiago de
Compostela (USC) e experto en nanotecnoloxía. Licenciouse e doutourose en Ciencias
Químicas na USC. Durante a súa traxectoria investigadora realizou estadías en
institucións de prestixio como a Universidade de Bielefeld e o Instituto
Max Planck, en Alemaña. Tamén foi profesor visitante en universidades italianas,
estadounidenses e xaponesas. Ademais do seu labor docente e investigador,
avalado polo elevado número de publicacións e patentes, destaca a súa actividade
de emprendemento. Así, é cofundador da empresa Nanogap, spin-off da USC. Esta
empresa adicada á produción de nanofibras de prata a escala industrial para
aplicacións en óptica e electrónica conta cunha filial nos Estados Unidos.
Noticia no Xornal da USC
Noticia no Faro de Vigo
Noticia La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario