O pasado 6 de
novembro un grupo de alumnos/ as do Master, e como actividade propia da materia
"Creación de EBTs", visitaron a Área de Valorización,
Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, para coñecer as actividades desenvolvidas
nesta unidade e os servizos que ofrecen aos investigadores e emprendedores na
protección dos resultados, xestión de patentes, creación de spin offs, etc. Na
primeira parte da visita foron recibidos pola Director da área, José Luis
Villaverde, e posteriormente visitaron un dos proxectos situados no espazo de
incubación da USC, concretamente HGBeyond.
Este é o relato da visita dun dos alumnos do Master.
Visita a Emprendia.
Julio
Martínez García, alumno do Master DEIN 2018-19
José Luis
Villaverde Acuña fíxonos unha presentación do que fan en Emprendia,
manifestando que é como un ecosistema de innovación que busca axudar a superar
o “val da morte” da innovación a aqueles que queren pasar da fase da
investigación á posta no mercado dun produto. Para levar a cabo esta idea
buscaron exemplos nos que basearse, principalmente os casos do MIT, Oxford e
Yissum en Israel, e atoparon que os problemas eran comúns para as universidades
que tentaban trasladar as súas investigacións ó mercado. Todo baixo a
perspectiva de que a universidade ademais de transmitir “saber” e “facer saber”,
ten que conectarse co mercado se pode, buscando impacto económico e social.
Con estes
exemplos como referencia fóronse creando empresas para acercar os resultados de
investigación ó mercado, moitas veces non vendendo produtos senón a tecnoloxía,
ó tempo que incorporaron o acelerador
de transferencia para axudar a adaptar o procedemento investigador a nivel
industrial ou abordando os problemas na montaxe dunha empresa en torno a un
resultado de investigación (Programa
Argos) onde o importante non é o emprendedor senón o equipo e conxugar
capacidades, buscando xerar cultura de equipo. Unha das misións que asumen é
identificar que coñecementos poden ter valor, cando é necesario protexelos ou
encargarse de patentalos, ó tempo que buscan usuarios deses coñecementos e
poñen valor a empresa (“arte de vender fumo para construír chemineas”).
Algo que me
pareceu interesante do que comentou é que unha empresa para ser rendible non
necesariamente ten que ter produtos no mercado, como pode ser HG Beyond, do
mesmo xeito que a investigación básica é importante como foi a vacina que
atoparon para o sector porcino.
Na segunda parte
da visita, a Dra. Soledad Anguiano Igea, presentounos o que fan en HG Beyond, resultado
da investigación da Dra. Carmen Álvarez-Lorenzo e o Dr. Ángel Concheiro, socios
fundadores da empresa. Contan con laboratorio e oficina en Emprendia, unha en
cada ala do edificio. Teñen patentadas a fórmula do hidroxel e dos
procedementos que levan a cabo, pero non contan con produtos no mercado, polo
que tampouco teñen clientes.
Comezaron coa
financiación da Fundación Botín, pero tamén contan co apoio da Fundación Torres
Quevedo para a fase de desenrolo para a carga de produtos sanitarios na lente
de contacto. Atópanse en preclínica cunha molécula, pero para facer o salto
para clínica precisarían outras instalacións. Cando cheguen a comercializar
poden fabricar e distribuílas eles, con lentes de un so uso, pero ainda están
algo lonxe de chegar a este punto.
Tiveron varios
contactos con empresas de lentes de contacto e coa industria farmacéutica,
dependendo de que leven fármacos ou non. Xa teñen licenciada a unha empresa
para que vaia facendo as lentes de contacto coa patente que teñen dende 2009 en
Xapón, Estados Unidos e na Unión Europea. Pareceume que a comercialización
estaba un pouco verde nesta empresa, penso que están máis pola labor de cobrar
dereitos que en producir co tempo porque son conscientes que deberían facer
unha forte inversión nese caso.
En
xeral a visita pareceume interesante, pero faltoume que nos amosaran os
fracasos, está ben que nos ensinen os produtos que chegaron ó mercado como Quescrem
pero estaría ben ver cando non se chega a bo porto e cales puideron ser os
motivos.
LEGAL NOTICE
ResponderEliminarDEFAMATION
REMOVE COMMENTS
http://masterdein.blogspot.com/2016/09/ultimas-prazas-vacantes-no-master.html
Best Regards
Pollini Lawyer