Mostrando entradas con la etiqueta Noticias actualidade económica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias actualidade económica. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de noviembre de 2015

O profesor Óscar Rodil, relator convidado nun seminario internacional da CEPAL sobre China e América Latina

O profesor do Departamento de Economía Aplicada Óscar Rodil, membro do grupo de investigación en Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE), participou como expositor no Iº Seminario Internacional de China e América Latina, celebrado na sede da CEPAL (Comisión Económica de Nacións Unidas para América Latina e o Caribe) en Santiago de Chile.

A participación de Óscar Rodil estivo auspiciada pola Fundación Konrad Adenauer a través do seu programa rexional de Políticas Sociais en América Latina (SOPLA), e versou sobre as particularidades das relacións comerciais entre China e diversos países de América Latina, baixo o título ‘O patrón de inserción comercial de China en América Latina: un novo modelo centro–p eriferia'. O relatorio presentouse en coautoría co profesor Jorge Alberto López Arévalo, da Universidade Autónoma de Chiapas (México).

Este Seminario estaba organizado por representantes da Freie Universität Berlin, El Colegio de México e a CEPAL co obxectivo de promover a reflexión sobre a nova fase da relación entre China e América Latina e o Caribe por medio dunha perspectiva multidisciplinaria orientada a estimular o deseño de mellores políticas públicas nacionais e rexionais que potencien o protagonismo de América Latina e o Caribe nas súas relacións co xigante asiático. As sesións técnicas contaron coa asistencia dun amplo número de funcionarios de rango técnico e político de ministerios e secretarias de Relacións Exteriores, ministerios de Economía e de Planificación, universidades e institucións de investigación, organismos rexionais así como do sector privado de América Latina.

Con esta participación do profesor Óscar Rodil, profúnda nunha liña de investigación que xa resultou recoñecida recentemente pola Fundación Unión Europea-América Latina e o Caribe (EU-LAC Foundation, con sede en Hamburgo), premiada como único proxecto gañador da convocatoria de proxectos de investigación do seu programa Explora.
 
* Esta noticia é extraída do Xornal da USC
 

viernes, 8 de mayo de 2015

Publícase o Innovatioin Union Scoreboard 2015

O futuro da economía española segue a ser moi oscuro. O sistema produtivo non dá os pasos que ten que dar cara un proceso modernizador e o Estado non aposta por liderar un modelo económico innovador. Despois de ver o Innovation Union Scoredboard 2015, España non está a afianzar ningún piar para construir espazos de futuro.
Neste enlace pódese consultar unha nova analizando a posición de España no ranking.
 
Juan Alberto Turnes Abelenda
Estudante de doutoramento

lunes, 2 de marzo de 2015

Patentes e saúde pública: Hepatite C

Con este título preséntase un artigo que combina numerosos aspectos moi especializados: investigación sanitaria, patentes, economía, política.

Para acceder ao artigo preme aquí.

Inentivos fiscais á I+D

Os incentivos fiscais convertéronse nunha ferramenta política común para animar ás empresas a invertir máis en I+D, e a recesión suscitou un interese crecente sobre a eficacia desta política. O artigo que aquí se presenta, “Will R&D tax incentives get Europe growing again?”, destaca unha nova revisión da evidencia empírica, o que suxire que os incentivos fiscais só estimulan modestamente a I+D, mentres que o seu impacto na innovación e no crecemento económico e incerto.

Para ler o artigo completo preme aquí. 

miércoles, 28 de enero de 2015

O INE publica a Estadística sobre actividades de I+D correspondente ao ano 2013

O día 21 de xaneiro de 2015 o INE publicou os datos da Estadística sobre actividades de I+D correspondentes ao ano 2013. Tanto o gasto en I+D como o número de investigadores manifestan o efecto da crise (datos do INE), cunha redución continuada dende 2008.
 
En España o gasto en I+D no 2013 caeu un 2,8% respecto ao ano anterior, quedando en 13.028 millóns de euros, o que supón un 1,24% do PIB, fronte ao 1,4% do 2010. (nota de prensa do INE)
 
Fonte: http://www.redtransfer.org/blog/estadisticas-sobre-actividades-de-id-correspondientes-a-los-datos-del-ano-2013/
 
Galicia perde 1.287 investigadores en catro anos polo recorte en I+D  (ver artigo en La Voz de Galicia 22 de Xaneiro de 2015). Así a todo, a comunidade autónoma galega rexistrou un pequeño incremento no número de empresas innovadoras, aínda que o gasto en desenvolvemento tecnolóxico descendeu un 20% nun só ano (ver artigo en La Voz de Galicia, 28 de xaneiri de 2015)