Nesta entrevista,
o profesor Doldán expón as implicacións económicas, sociais e ambientais da
minería a nivel local, centrándose no caso de Corcoesto, na comarca de
Bergantiños. Concretamente trata o efecto que a minería tería na contorna sobre
o emprego, impostos locais, infraestruturas e servizos sociais, emigración e
desenvolvemento industrial. Tamén dá unha explicación das estratexias seguidas
por empresas mineiras multinacionais, do fenómeno da megaminería na economía
global, do termo minería sustentable e de alternativas para un desenvolvemento
sustentable.
O profesor Xoán
Doldán imparte no Máster DEIN a materia obrigatoria Desenvolvemento
Económico e Sustentabilidade e máis a optativa Recursos e Desenvolvemento
Sustentable, da especialidade de Desenvolvemento Económico Rexional e Local.
Para acceder á entrevista pincha na imaxe.