Os investigadores do Departamento de Economía Aplicada Pedro Varela
Vázquez, antigo alumno do Máster DEIN, e Carmela Sánchez Carreira, profesora no
Máster DEIN, veñen de publicar un artigo sobre o impacto socioeconómico do
sector eólico en Galicia na prestixiosa revista internacional Renewable and
Sustainable Energy Reviews. Esta revista ten un alto impacto no Science
Journal Report, sendo a sexta da súa categoría.
Os autores desenvolven unha nova metodoloxía que permite cuantificar o emprego e da achega ao PIB, diferenciando as actividades permanentes das temporais. Asemade, presenta como novidade a adaptación da cadea de valor do sector eólico ás singularidades da economía galega. O estudo baseouse na análise input-output, incluíndo melloras metodolóxicas.
Pódese acceder ao artigo premendo AQUI.
Os autores pertencen ao Grupo de Investigación Innovación, Cambio
Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE), dedicado á análise da innovación e que é
considerado grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia. Ambos
investigadores completaron a súa formación no prestixioso centro de
investigación da Universidade dinamarquesa de Aalborg, especializada no estudo
da innovación, especialmente centrada na enerxía eólica.
O traballo titulado Socioeconomic impact
of wind energy on peripheral regions permite coñecer a incidencia deste
sector na economía galega, ademais de constituír un modelo de análise para
rexións periféricas con estruturas produtivas semellantes.
Os autores desenvolven unha nova metodoloxía que permite cuantificar o emprego e da achega ao PIB, diferenciando as actividades permanentes das temporais. Asemade, presenta como novidade a adaptación da cadea de valor do sector eólico ás singularidades da economía galega. O estudo baseouse na análise input-output, incluíndo melloras metodolóxicas.
Os resultados destacan a relevancia do sector eólico galego ao PIB no
período 2000-2010 e a súa menor contribución á creación de emprego. Neste
sentido, as actividades máis beneficiadas pola creación de emprego son as
industriais e a rama de produción de electricidade. Tamén se observa un efecto
indirecto relevante nas actividades relacionadas coa I+D. A inestabilidade
normativa sectorial e a crise económica causaron un retroceso no sector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario