O Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN)
ven de renovar a súa acreditación pola ACSUG, o que avala a súa calidade nos baremos establecidos para os Másters oficiais. Impártese na Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais da USC dende o curso 2009-2010, tras unha longa experiencia
previa como Máster propio. O seu obxectivo é proporcionar unha formación
avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, no ámbito do desenvolvemento
económico e da innovación e nos seus contidos se inclúe a análise dos procesos
de innovación, diversificación empresarial e sectorial que acompañan ao cambio
estrutural e ao desenvolvemento económico, así como o papel do sector público e
as políticas sectoriais encamiñadas a impulsar eses procesos dende a
perspectiva da sustentabilidade.
A titulación oferta
dúas especialidades: Xestión da Investigación e da Innovación, por unha banda, e
Desenvolvemento Económico Rexional e Local, por outra. E tamén presenta dúas
orientacións: a académico-profesional e a investigadora (que dá acceso ao
Doutoramento). O Máster goza de prestixio e recoñecemento, cunha alta taxa de inserción
laboral dada a necesidade de contar con profesionais neste eido, que aínda é maior
na situación actual de crise e no novo contexto de financiamento europeo.
Para información
adicional poden consultar ademais da páxina oficial da Universidade, a páxina
web propia (preme AQUI) que inclúe ligazóns para seguirnos en
Facebook, Linkedin ou no blog ou ben dirixirse a masterdein@usc.es. Tamén poden
consultar a opinión de antigos/as titulados/as na sección de Alumni neste enlace.
O prazo para solicitude de praza no Máster no próximo curso ábrese o 7 de xullo e remata o 7 de agosto de 2015. Pódese solicitar a admisión a través da secretaría virtual neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario