A tese de María Jesús Rodríguez Gulías foi recoñecida co premio Cátedra de
Emprendedores da Universidade de Salamanca (CEUSAL) á mellor tese de
doutoramento de España sobre emprendemento e creación de empresas.
A tese titulada “El origen universitario como determinante del resultado
empresarial de las spin-offs españolas: análisis de su supervivencia,
crecimiento e innovación” analiza a influencia da orixe universitaria como
determinante do resultado empresarial das spin-offs españolas. Os directores da
tese foron os profesores Sara Fernández e David Rodeiro.
Os resultados da investigación sinalan que a orixe universitaria dunha
compañía, en xeral, non exerce un efecto rotundo sobre a súa supervivencia. O carácter
de spin-off universitaria ten un efecto positivo sobre o crecemento
empresarial, tanto en termos de vendas netas como de emprego, así como sobre a
actividade de innovación aproximada mediante as patentes.
Entre os resultados da investigación recoméndase apoiar a creación e
desenvolvemento das spin-off universitarias xa que contribúen ao
desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a creación de
riqueza e de emprego e dinamizando a innovación. Segundo este traballo de
investigación, estas fórmulas empresariais atopan maiores dificultades que
outras empresas para sobrevivir. Dado que os determinantes do resultado
empresarial non sempre coinciden ao comparar spin-offs e empresas non xurdidas
da investigación académica, recoméndase a definición de políticas e actuacións
deseñadas especificamente para as spin-off universitarias. Neste senso, en base
á observación das variables que resultan significativas para o conxunto das
spin-off universitarias, suscítanse unha serie de medidas desexables, que se concretan,
entre outras, na posta a disposición de espazos de incubación en condicións
vantaxosas ou no fomento da incorporación de xestores profesionais a estas
compañías, entre outros.
A tese foi defendida no ano 2014, obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude. Foi a primeira tese defendida
do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Económico e Innovación.
Parabéns María Jesús!
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarQuero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar