Os investigadores Pedro Varela
Vázquez e María del Carmen Sánchez Carreira, do grupo de investigación ICEDE, acaban
de publicar o artigo titulado “Upgrading peripheral wind sectors” na revista
internacional Technology Analysis &
Strategic Management. Este traballo, realizado por Pedro Varela e a
profesora do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación Carmela Sánchez,
afonda na análise sistémica das dinámicas establecidas entre empresas locais e
foráneas na cadea de valor en sectores eólicos periféricos co obxectivo de
fomentar a resiliencia sectorial. Asemade, proponse un programa dinámico de
actuación en materia de políticas públicas para promover o desenvolvemento e
consolidación do sector eólico neste tipo de rexións, cun estudo de caso de
Galicia.
Os autores contan con varios
traballos previos neste eido publicados en revistas internacionais. En
particular, analizaron o impacto socioeconómico do sector eólico en rexións
periféricas, así como a diagnose dos retos para a implementación de políticas
públicas para o fomento do sector eólico galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario