O profesor Juan
Lema Rodicio, que imparte no Máster DEIN a materia Deseño, avaliación e xestión
de proxectos de investigación, ingresou esta semana como académico da Real
Academia Galega de Ciencias. Durante o acto de ingreso a súa intervención foi:
‘Do antropocentrismo ao ecocentrismo, ou da enxeñaría sanitaria á
enxeñaría ambiental’.
Juan Manuel Lema
Rodicio licenciouse en Ciencias Químicas en 1971 na USC, onde tamén obtivo o
seu grao de doutor en Ciencias en 1975. Logo dunha primeira etapa como docente
na Universidade Autónoma de Barcelona, conseguiu a cátedra de Enxeñería Química
na USC, na que desde entón exerce como profesor e investigador. Nesta última
faceta, é o promotor e coordinador do grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos.
En breve, a Real
Academia Galega de Ciencias é unha corporación científica que nace en 1977 para
o cultivo do saber e a difusión do coñecemento e das súas aplicacións. O seu
ámbito territorial é Galicia. Está formada por
cinco seccións: Sección de Matemáticas e Física do Cosmos; Sección de Química e
Xeoloxía; Sección de Farmacia e Bioloxía; Sección de Ciencias Técnicas e
Sección de Ciencias Sociais e Económicas.
Noticia no Xornal da USC
No hay comentarios:
Publicar un comentario