Oscar Rodil,
profesor de Comercio, competitividade e innovación, vén de participar como
ponente invitado pola Pontificia Universidad Católica del Ecuador (PUCE) no I
Simposio Anual de Derecho y Economía Neo-Institucional e no II Congreso
Internacional de Gestión Empresarial que se celebraron conxuntamente na sede de
PUCE en Ambato (Ecuador) do 20 ao 26 de outubro. A conferencia do profesor
Rodil levou por título "Relaciones
Comerciales entre América Latina y China en el marco de las Cadenas Globales de
Valor". Na súa intervención, o profesor Rodil presentou os resultados
das súas investigacións máis recentes sobre o avance da integración comercial
dos países latinoamericanos e China nun contexto marcado pola crecente
fragmentación dos procesos produtivos a escala transnacional, con importantes
implicacións na dinámica dos fluxos comerciais entre estes países. En dita
presentación púxose de manifesto a utilidade analítica do enfoque do comercio
en valor engadido, observándose un estreitamento na inserción conxunta de
América latina e China en canto á súa participación nas cadeas globais de
valor.
Así mesmo e a
petición do equipo directivo de PUCE en Ambato, o profesor Óscar Rodil participou
tamén cunha exposición ao persoal docente da unidade académica da Escuela de
Administración de Empresas de dita universidade sobre a produción de artigos
científicos. No marco desta visita, mantivéronse tamén contactos co persoal
investigador co obxecto de iniciar vínculos de colaboración e estudar posibles
propostas de colaboración futura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario