O
próximo martes celebrarase unha conferencia titulada “Las relaciones entre
México y Estados Unidos: nuevas implicaciones y desafíos”, impartida polo Prof.
Dr. Guillermo Salvador Valdiviezo Ocampo da Universidad Autónoma de Chiapas
(México).
O
Dr. Guillermo Salvador Valdiviezo Ocampo é Profesor Titular no Doutoramento en Estudios Rexionais, na
Maestría en Desenvolvemento Local e na Licenciatura en Economía da Universidad
Autónoma de Chiapas. Realizou o Doutoramento Interuniversitario en Economía y
Gestión de la Innovación y Política Tecnológica da Universidad Complutense de
Madrid, presentando a súa tese baixo o título
“Los determinantes de innovación de la conducta exportadora de España y
México”.
É
Coordinador da Maestría en Desarrollo Local dende agosto de 2014. Tamén é
membro do Sistema Nacional de Investigadores Nivel 1 del Consejo Nacional de
Ciencia y Tecnología (CONACyT) de México, e integrante do Corpo Académico en
Estudios Rexionais da Universidad Autónoma de Chiapas.
A
conferencia, organizada polo Máster DEIN (Máster en Desenvolvemento Económico e
Innovación) e polo Grupo ICEDE (Innovación, cambio estrutural e
desenvolvemento), conta co apoio da Deputación da Coruña. É unha conferencia
aberta ao público.
Ademáis
da conferencia, o Dr. Valdiviezo tamén impartirá unha clase do Máster DEIN
sobre a actividade innovadora e exportadora das empresas en España e México.
Lugar e data: Salón de Graos, Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais. Martes, 29 de novembro, 12h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario