miércoles, 20 de julio de 2016

Lectura da Tese de Diana Cristina Morales Urrutia


A ex alumna do master DEIN, Diana Cristina Morales Urrutia, defendeu a súa tese doctoral titulada ‘El fenómeno de la creación de empresas: Factores explicativos desde una perspectiva institucional. Análisis del caso europeo y americano’, realizada baixo a dirección do profesor Oscar Rodil.

O traballo de Diana obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude, outorgada por un tribunal formado por José Manuel Sánchez Santos, da Universidade da Coruña; Jorge Alberto López Arévalo, da Autónoma de Chiapas (México); e María del Carmen Sánchez Carreira, da USC.

Máis información no Xornal da USC 19-07-2016


viernes, 8 de julio de 2016

Presentación do libro: Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México


O martes 12 de xullo, no Salón de Graos da Facultade, presentouse o libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México.  O reitor da USC e a Decana da Facultade acompañaron aos autores Óscar Rodil Marzábal,  Director do estudo, Mª del Carmen Sánchez Carreira, ambos profesores da USC,  Jorge A. López Arévalo, da Universidad Autónoma de Chiapas (México) e Emmanuel Arrazola Ovando, da Universidad del Mar (México).

 

No estudo abórdase a análise das relacións comerciais e produtivas entre a Unión Europea e América Latina, xunto a un exame máis detallado das relacións de Brasil e México cos seus principais socios europeos (Alemaña, España, Francia, Italia, Reino Unido, os Países Baixos). O obxectivo central xira en torno á análise dos cambios ocorridos no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe ao longo das dúas últimas décadas. Neste sentido, incorpora unha nova dimensión Norte-Sur ao estudo deste fenómeno.

viernes, 1 de julio de 2016

Matrícula para o curso 2016-2017

O Máster DEIN, incluido na categoría de Máster con criterios de selección XERAIS, acaba de publicar o calendario do proceso de matrícula para o curso 2016-2017:

Solicitude de praza: Do 4 xullo ao 4 agosto
Publicación adxudicación prazas: 8 agosto
1º convocatoria matrícula admitidos: 9 - 11 agosto
2º conv. Matrícula con lista de agarda: 17 - 18 agosto
3º conv. Matrícula con lista de agarda: 22 - 23 agosto
Matrícula en vacantes (Máster sen listaxe de agarda): 18 agosto – 16 setembro

 


 

viernes, 27 de mayo de 2016

O profesor Juan Lema ingresa na Real Academia Galega de Ciencias


O profesor Juan Lema Rodicio, que imparte no Máster DEIN a materia Deseño, avaliación e xestión de proxectos de investigación, ingresou esta semana como académico da Real Academia Galega de Ciencias. Durante o acto de ingreso a súa intervención foi:  ‘Do antropocentrismo ao ecocentrismo, ou da enxeñaría sanitaria á enxeñaría ambiental’.
Juan Manuel Lema Rodicio licenciouse en Ciencias Químicas en 1971 na USC, onde tamén obtivo o seu grao de doutor en Ciencias en 1975. Logo dunha primeira etapa como docente na Universidade Autónoma de Barcelona, conseguiu a cátedra de Enxeñería Química na USC, na que desde entón exerce como profesor e investigador. Nesta última faceta, é o promotor e coordinador do grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos.
En breve, a Real Academia Galega de Ciencias é unha corporación científica que nace en 1977 para o cultivo do saber e a difusión do coñecemento e das súas aplicacións. O seu ámbito territorial é Galicia. Está formada por cinco seccións: Sección de Matemáticas e Física do Cosmos; Sección de Química e Xeoloxía; Sección de Farmacia e Bioloxía; Sección de Ciencias Técnicas e Sección de Ciencias Sociais e Económicas.

Noticia no Xornal da USC

martes, 24 de mayo de 2016

Investigadores do grupo ICEDE analizan as dinámicas e os instrumentos de promoción de sectores eólicos periféricos


Os investigadores Pedro Varela Vázquez e María del Carmen Sánchez Carreira, do grupo de investigación ICEDE, acaban de publicar o artigo titulado “Upgrading peripheral wind sectors” na revista internacional Technology Analysis & Strategic Management. Este traballo, realizado por Pedro Varela e a profesora do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación Carmela Sánchez, afonda na análise sistémica das dinámicas establecidas entre empresas locais e foráneas na cadea de valor en sectores eólicos periféricos co obxectivo de fomentar a resiliencia sectorial. Asemade, proponse un programa dinámico de actuación en materia de políticas públicas para promover o desenvolvemento e consolidación do sector eólico neste tipo de rexións, cun estudo de caso de Galicia.

Os autores contan con varios traballos previos neste eido publicados en revistas internacionais. En particular, analizaron o impacto socioeconómico do sector eólico en rexións periféricas, así como a diagnose dos retos para a implementación de políticas públicas para o fomento do sector eólico galego.