A publicación, baseada no Traballo
Fin de Máster do alumno Raúl Ríos Rodríguez, leva por título “Os circuitos curtos de comércio de alimentos na
Galiza atual: na procura de alternativas ao oligopólio da distribuiçom”. Nesta
publicación o autor explica que os circuítos curtos de comercio de alimentos
son canais comerciais creados co obxectivo explícito de prescindir dos axentes
intermediarios que operan entre agricultores e consumidores no sistema
agroalimentario convencional, recuperando así o poder de decisión sobre a
producción de alimentos e retendo o valor engadido na propia economía local. Realízase
un primeiro achegamento á realidade actual destes circuítos comerciais en
Galicia, incluíndo un breve repaso teórico, unha análise cuantitativa a partir
das fontes estatísticas existentes e un estudo de dous casos prácticos: a venda
directa a través do sistema de cestas a domicilio do Sindicato Labrego Galego e
a experiencia do Mercado de Alimento Labrego dos Tilos (no concello de Teo).
O traballo pódese descargar libremente neste enlace: http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/icede/papers.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario