Francisca Gago Guillán recibiu o Premio Jesús García Calvo de investigación
en desenvolvemento rural e cooperativismo polo seu Traballo Fin de Máster “Os
modelos de aplicación do Programa Leader 2007-2013 no Estado Español”, dirixido
polo profesor Edelmiro López Iglesias e presentado no curso 2012-2013. Trátase
da primeira edición dun premio convocado polo Instituto de Estudos e
Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiraco, creado co obxectivo
de contribuír ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e do
cooperativismo en Galicia.
Moitas felicidades e moito ánimo para seguir traballando polo desenvolvemento
rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario