¿Está xa todo inventado? ¿É posible aprender a ter ideas? Para
responder a esta pregunta intenta resolver este exercicio: une os 9 puntos con 4 líneas rectas e sen
levantar o boli.
Non és capaz? É imposible? Pista: tes que pensar máis aló
dos limites da túa mente.
Ainda nada, pois sigue pensando e o final do post unha
solución e unha explicación. Por certo todas as posibles solucións que se che
ocurriron son ideas que de repente apareceron na túa mente, e polo tanto demostrase que con
ferramentas e algo de entrenamento podese chegar a aprender a ter ideas. Esta é a primisa fundamental do Design Thinking.
Pero qué é o Design
Thinking? É unha metodoloxía para xerar ideas
innovadoras que centra a súa eficacia en entender e dar solucións as
necesidades reais dos/as usuarios/as cunha metodoloxía
aberta e que ten no fomento da creatividade a súa mellor arma. Proven da forma
en que traballan as persoas encargadas do diseño de producto. De ahí o seu
nome, que podería traducirsepor "pensamento
de deseño", aínda que se adoita utilizar o nome en
inglés.
Esta nova forma de pensar ten un valor incrible. Trátase
dunha ferramenta que no mundo da innovación se tendría que implementar de maneira maís activa,
para facer fronte ós desafíos que se presentan neste futuro tan
competitivo e duro.
Se tendes ganas de profundizar animovos a que busquedes maís
info na rede. E por certo aqui vai a
solución do exercicio e unha expliación.
Ós que digan que fixen trampa,
unha aclaración: as instruccións non din nada de que as líñas non podan ir mais
aló do plano, pero a disposición dos puntos formando un cadrado indúcenos a
“pechar” mentalmente o espacio dispoñible, cando en realidade é
cousa da nosa interpretación. E isto adoita estar motivado polo proceso de
socialización onde nos decían cousas como: “colorea dentro das
liñas”, “non te saias por fora”,
“respeta os márxenes ó escribir”,
e un longo etcétera, de tal maneira que levamos tan
interiorizados os límites que os transpoñemos en todas las partes, incluso onde
nin siquera existen. Abandona esta forma de pensar e proba a
romper os limites!
E si a pesar disto non me
crees anímoche a ver este video.
Manuel Crujeiras Besada
Alumno
Master Dein 2016-2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario