viernes, 20 de febrero de 2015

I+D, un camiño sen atallos

É o título do debate organizado por un grupo de alumnas de 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas, e no que participaron  os profesores da USC Ángel Carracedo, Xavier Vence e Jorge Mira e moderado pola profesora do Máster Loreto Fernández.

O tema, o impacto da crise económica na investigación académica, foi abordado a través dunha serie de preguntas que as estudantes plantexaron aos membros da mesa, tres recoñecidos e prestixiosos investigadores nas súas respectivas áreas de coñecemento: Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal, en ciencias da saúde, Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada e Coordinador do Máster DEIN, en ciencias sociais, e Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo, na área das ciencias experimentais.

Todos eles efreceron a súa opinión acerca de cuestións como: como afectan as flustuacións da economía aos seus traballos de investigación, por que en España non se fomenta a I+D como factor clave de desenvolvemento e crecemento ao mesmo nivel que noutros países da contorna, a fuga de investigadores ao estranxeiro por falta de oportunidades no noso país, e de que forma podemos fomentar a concienciación social acerca da relevancia do I+D.

O video contén o debate completo. Noraboa ás estudantes autoras desta iniciativa Ana Mª Mera, Alba Pombo, Alejandra Paradela, Marisol Pastoriza e Raquel Otero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario