miércoles, 25 de marzo de 2015

Entrevista ao profesor Xoán Doldán no documental "Tesouro de Corcoesto"

Nesta entrevista, o profesor Doldán expón as implicacións económicas, sociais e ambientais da minería a nivel local, centrándose no caso de Corcoesto, na comarca de Bergantiños. Concretamente trata o efecto que a minería tería na contorna sobre o emprego, impostos locais, infraestruturas e servizos sociais, emigración e desenvolvemento industrial. Tamén dá unha explicación das estratexias seguidas por empresas mineiras multinacionais, do fenómeno da megaminería na economía global, do termo minería sustentable e de alternativas para un desenvolvemento sustentable.
O profesor Xoán Doldán imparte no Máster DEIN a materia obrigatoria Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade e máis a optativa Recursos e Desenvolvemento Sustentable, da especialidade de Desenvolvemento Económico Rexional e Local.
Para acceder á entrevista pincha na imaxe.

http://www.corcoesto.com/tesoro-de-corcoesto-entrevista-a-xoan-doldan/?lang=es

miércoles, 11 de marzo de 2015

Conferencia sobre financiación de nuevas empresas

Título: FINANCIACIÓN DE LA PRIMERA ETAPA EN EMPRESAS DE NUEVA CREACIÓN: CRITERIOS DE SELECCIÓN DE LOS BUSINESS ANGEL

El lunes 16 de marzo, a las 12:00 h, en el Salón de Grados de la Facultad, la Directora del Instituto de Emprendimiento de ESADE Business School y profesora de finanzas en dicha institución, Luisa Alemany, nos presentará los resultados de su trabajo de investigación sobre los criterios que actualmente imperan entre los inversores más tempranos en proyectos de emprendimiento de alto potencial.


La entrada es libre y se ruega previa inscripción en el formulario al que se puede acceder aquí.

jueves, 5 de marzo de 2015

Hacia la medición del impacto socioeconómico de las empresas sociales. Dos realidades distintas México vs España

O mércores 11 de marzo impartirase a conferencia ten por título "Hacia la medición del impacto socioeconómico de las empresas sociales. Dos realidades distintas México vs España" por Julieta Martínez Cuero, investigadora posdoutoral do Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología na Universidad Autónoma de Barcelona.
A investigación que nos presentará  susténtase na necesidade de deseñar e calcular un conxunto de indicadores que permitan medir o impacto das empresas sociais en distintos contextos económicos, sociais e políticos. O obxectivo é construir un índice sintético que permita articular a valoración da actividade económica do sector social coa xeración de valor social; incorporando na análise operadores lóxicos que permitan captar aspectos multidimensionais e únicos para cada lugar nun determinado momento. Esto é, búscase avanzar nunha ferramenta metodolóxica que non se limite ao uso e/ou traducción de variables contables a feitos sociais. Para eso, aténdese a creación de valor social no interior e no exterior das empresas sociais. No interior medindo o cumprimento de valores asociados a prácticas non capitalistas e no exterior a través de indicadores que estean relacionados con variables cualitativas do debilitamento do Estado de Benestar.
A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster DEIN, pero tamén poderán asistir as persoas interesadas.

Mércores 11 de marzo de 2015
12:00 horas
Aula 21bis da Facultade de Cc. Económicas e Empresariais

lunes, 2 de marzo de 2015

Patentes e saúde pública: Hepatite C

Con este título preséntase un artigo que combina numerosos aspectos moi especializados: investigación sanitaria, patentes, economía, política.

Para acceder ao artigo preme aquí.

Inentivos fiscais á I+D

Os incentivos fiscais convertéronse nunha ferramenta política común para animar ás empresas a invertir máis en I+D, e a recesión suscitou un interese crecente sobre a eficacia desta política. O artigo que aquí se presenta, “Will R&D tax incentives get Europe growing again?”, destaca unha nova revisión da evidencia empírica, o que suxire que os incentivos fiscais só estimulan modestamente a I+D, mentres que o seu impacto na innovación e no crecemento económico e incerto.

Para ler o artigo completo preme aquí

Transferencia tecnolóxica ou concurrencia tecnolóxica?

Neste novo e interesante artigo publicado no seu blog, Xavier Ferrás -Decano da Facultade de Empresas da Universidade de VIC de Cataluña e profesor do IESE- cuestiona de forma argumentada o exceso de protagonismo das spin-off como ferramenta de transferencia tecnolóxica, un debate que tamén tivo o seu protagonismo na pasada xornada que celebramos na facultade o pasado 4 de febreiro en relación ao Emprendemento con basenas ciencias.

Para ler o artigo preme aquí.

Alberto Turnes Abelenda, Máster DEIN promoción 2011-2012