martes, 28 de marzo de 2017

Xornadas Economia Circular

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación organiza unha actividade formativa, aberta ao público, sobre Economía Circular, unha das principais estratexias actuais europeas para xerar crecemento e emprego. Baixo o título “Economía Circular: un novo modelo produtivo para sair da crise”, estas xornadas incluirán a visión de diversos investigadores sobre o papel da economía circular, así como representantes de administracións públicas que explicarán as iniciativas que se están a desenvolver dende as mesmas. Asimesmo, a Fundación para la Economía Circular analizará cal é a situación en España e contaremos tamén con varias empresas dos distintos sectores económicos que xa están aplicando os principios de economía circular na súa actividade. Resérvase un espazo para o debate cos asistentes tras cada mesa de intervención.
A asistencia é libre e convidámos a asistir a todas as personas interesadas.
O lugar de celebración será o Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, o xoves 30 e venres 31 de marzo de 2017.
A continuación tedes o programa completo destas xornadas, que tamén pode descargarse AQUI.
 

 

jueves, 23 de marzo de 2017

O profesor Manuel Arturo López Quintela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias


O profesor Manuel Arturo López Quintela que imparte docencia no Máster DEIN na materia Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías, ingresou o pasado día 16 de febreiro como académico da Real Academia Galega de Ciencias. O discurso do seu acto de ingreso titulouse “Clústeres cuánticos de átomos: o último reducto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía”.

 
Manuel Arturo López Quintela é Catedrático no Departamento de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto en nanotecnoloxía. Licenciouse e doutourose en Ciencias Químicas na USC. Durante a súa traxectoria investigadora realizou estadías en institucións de prestixio como a Universidade de Bielefeld e o Instituto Max Planck, en Alemaña. Tamén foi profesor visitante en universidades italianas, estadounidenses e xaponesas. Ademais do seu labor docente e investigador, avalado polo elevado número de publicacións e patentes, destaca a súa actividade de emprendemento. Así, é cofundador da empresa Nanogap, spin-off da USC. Esta empresa adicada á produción de nanofibras de prata a escala industrial para aplicacións en óptica e electrónica conta cunha filial nos Estados Unidos.

Noticia no Xornal da USC
Noticia no Faro de Vigo
Noticia La Voz de Galicia

lunes, 20 de marzo de 2017

Conferencia sobre financiamento da innovación

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación organiza a CONFERENCIA: 'Capital risco e financiamento da innovación', a cargo de Javier López, Consultor en Xestión da Ciencia e transferencia de tecnoloxía e Ex-Director Xeral da Fundación Barrié, da FEUGA e de Promoción de Uninvest SA.
 
A cita é o martes 21 de Marzo de 2017, 16:30 h, na aula 6 da Facultade de Cc. Económicas e Empresariais. A entrada é aberta.