miércoles, 1 de julio de 2015

O Máster DEIN renova a súa acreditación e xa prepara a edición 2015-16

O Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN) ven de renovar a súa acreditación pola ACSUG, o que avala a súa calidade nos baremos establecidos para os Másters oficiais. Impártese na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC dende o curso 2009-2010, tras unha longa experiencia previa como Máster propio. O seu obxectivo é proporcionar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, no ámbito do desenvolvemento económico e da innovación e nos seus contidos se inclúe a análise dos procesos de innovación, diversificación empresarial e sectorial que acompañan ao cambio estrutural e ao desenvolvemento económico, así como o papel do sector público e as políticas sectoriais encamiñadas a impulsar eses procesos dende a perspectiva da sustentabilidade.
 
A titulación oferta dúas especialidades: Xestión da Investigación e da Innovación, por unha banda, e Desenvolvemento Económico Rexional e Local, por outra. E tamén presenta dúas orientacións: a académico-profesional e a investigadora (que dá acceso ao Doutoramento). O Máster goza de prestixio e recoñecemento, cunha alta taxa de inserción laboral dada a necesidade de contar con profesionais neste eido, que aínda é maior na situación actual de crise e no novo contexto de financiamento europeo.
 
Para información adicional poden consultar ademais da páxina oficial da Universidade, a páxina web propia (preme AQUI) que inclúe ligazóns para seguirnos en Facebook, Linkedin ou no blog ou ben dirixirse a masterdein@usc.es. Tamén poden consultar a opinión de antigos/as titulados/as na sección de Alumni neste enlace.

O prazo para solicitude de praza no Máster no próximo curso ábrese o 7 de xullo e remata o 7 de agosto de 2015. Pódese solicitar a admisión a través da secretaría virtual neste enlace.
  
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario