lunes, 14 de diciembre de 2015

Premio á Tese dunha exalumna do Master

A primeira tese defendida no Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Económico e Innovación premiada pola Cátedra de Emprendedores da Universidade de Salamanca como a mellor de España.

A tese de María Jesús Rodríguez Gulías foi recoñecida co premio Cátedra de Emprendedores da Universidade de Salamanca (CEUSAL) á mellor tese de doutoramento de España sobre emprendemento e creación de empresas.

A tese titulada “El origen universitario como determinante del resultado empresarial de las spin-offs españolas: análisis de su supervivencia, crecimiento e innovación” analiza a influencia da orixe universitaria como determinante do resultado empresarial das spin-offs españolas. Os directores da tese foron os profesores Sara Fernández e David Rodeiro.

Os resultados da investigación sinalan que a orixe universitaria dunha compañía, en xeral, non exerce un efecto rotundo sobre a súa supervivencia. O carácter de spin-off universitaria ten un efecto positivo sobre o crecemento empresarial, tanto en termos de vendas netas como de emprego, así como sobre a actividade de innovación aproximada mediante as patentes.

Entre os resultados da investigación recoméndase apoiar a creación e desenvolvemento das spin-off universitarias xa que contribúen ao desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a creación de riqueza e de emprego e dinamizando a innovación. Segundo este traballo de investigación, estas fórmulas empresariais atopan maiores dificultades que outras empresas para sobrevivir. Dado que os determinantes do resultado empresarial non sempre coinciden ao comparar spin-offs e empresas non xurdidas da investigación académica, recoméndase a definición de políticas e actuacións deseñadas especificamente para as spin-off universitarias. Neste senso, en base á observación das variables que resultan significativas para o conxunto das spin-off universitarias, suscítanse unha serie de medidas desexables, que se concretan, entre outras, na posta a disposición de espazos de incubación en condicións vantaxosas ou no fomento da incorporación de xestores profesionais a estas compañías, entre outros.

A tese foi defendida no ano 2014, obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude. Foi a primeira tese defendida do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Económico e Innovación.

Parabéns María Jesús!

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar