miércoles, 25 de marzo de 2015

Entrevista ao profesor Xoán Doldán no documental "Tesouro de Corcoesto"

Nesta entrevista, o profesor Doldán expón as implicacións económicas, sociais e ambientais da minería a nivel local, centrándose no caso de Corcoesto, na comarca de Bergantiños. Concretamente trata o efecto que a minería tería na contorna sobre o emprego, impostos locais, infraestruturas e servizos sociais, emigración e desenvolvemento industrial. Tamén dá unha explicación das estratexias seguidas por empresas mineiras multinacionais, do fenómeno da megaminería na economía global, do termo minería sustentable e de alternativas para un desenvolvemento sustentable.
O profesor Xoán Doldán imparte no Máster DEIN a materia obrigatoria Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade e máis a optativa Recursos e Desenvolvemento Sustentable, da especialidade de Desenvolvemento Económico Rexional e Local.
Para acceder á entrevista pincha na imaxe.

http://www.corcoesto.com/tesoro-de-corcoesto-entrevista-a-xoan-doldan/?lang=es

No hay comentarios:

Publicar un comentario