jueves, 5 de marzo de 2015

Hacia la medición del impacto socioeconómico de las empresas sociales. Dos realidades distintas México vs España

O mércores 11 de marzo impartirase a conferencia ten por título "Hacia la medición del impacto socioeconómico de las empresas sociales. Dos realidades distintas México vs España" por Julieta Martínez Cuero, investigadora posdoutoral do Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología na Universidad Autónoma de Barcelona.
A investigación que nos presentará  susténtase na necesidade de deseñar e calcular un conxunto de indicadores que permitan medir o impacto das empresas sociais en distintos contextos económicos, sociais e políticos. O obxectivo é construir un índice sintético que permita articular a valoración da actividade económica do sector social coa xeración de valor social; incorporando na análise operadores lóxicos que permitan captar aspectos multidimensionais e únicos para cada lugar nun determinado momento. Esto é, búscase avanzar nunha ferramenta metodolóxica que non se limite ao uso e/ou traducción de variables contables a feitos sociais. Para eso, aténdese a creación de valor social no interior e no exterior das empresas sociais. No interior medindo o cumprimento de valores asociados a prácticas non capitalistas e no exterior a través de indicadores que estean relacionados con variables cualitativas do debilitamento do Estado de Benestar.
A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster DEIN, pero tamén poderán asistir as persoas interesadas.

Mércores 11 de marzo de 2015
12:00 horas
Aula 21bis da Facultade de Cc. Económicas e Empresariais

No hay comentarios:

Publicar un comentario