martes, 8 de noviembre de 2016

Conferencia de Oscar Rodil


 
Oscar Rodil, profesor de Comercio, competitividade e innovación, vén de participar como ponente invitado pola Pontificia Universidad Católica del Ecuador (PUCE) no I Simposio Anual de Derecho y Economía Neo-Institucional e no II Congreso Internacional de Gestión Empresarial que se celebraron conxuntamente na sede de PUCE en Ambato (Ecuador) do 20 ao 26 de outubro. A conferencia do profesor Rodil levou por título "Relaciones Comerciales entre América Latina y China en el marco de las Cadenas Globales de Valor". Na súa intervención, o profesor Rodil presentou os resultados das súas investigacións máis recentes sobre o avance da integración comercial dos países latinoamericanos e China nun contexto marcado pola crecente fragmentación dos procesos produtivos a escala transnacional, con importantes implicacións na dinámica dos fluxos comerciais entre estes países. En dita presentación púxose de manifesto a utilidade analítica do enfoque do comercio en valor engadido, observándose un estreitamento na inserción conxunta de América latina e China en canto á súa participación nas cadeas globais de valor.
Así mesmo e a petición do equipo directivo de PUCE en Ambato, o profesor Óscar Rodil participou tamén cunha exposición ao persoal docente da unidade académica da Escuela de Administración de Empresas de dita universidade sobre a produción de artigos científicos. No marco desta visita, mantivéronse tamén contactos co persoal investigador co obxecto de iniciar vínculos de colaboración e estudar posibles propostas de colaboración futura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario