jueves, 24 de noviembre de 2016

CONFERENCIA: LAS RELACIONES ENTRE MÉXICO Y ESTADOS UNIDOS: NUEVAS IMPLICACIONES Y DESAFÍOS

O próximo martes celebrarase unha conferencia titulada “Las relaciones entre México y Estados Unidos: nuevas implicaciones y desafíos”, impartida polo Prof. Dr. Guillermo Salvador Valdiviezo Ocampo da Universidad Autónoma de Chiapas (México).

O Dr. Guillermo Salvador Valdiviezo Ocampo é Profesor Titular no  Doutoramento en Estudios Rexionais, na Maestría en Desenvolvemento Local e na Licenciatura en Economía da Universidad Autónoma de Chiapas. Realizou o Doutoramento Interuniversitario en Economía y Gestión de la Innovación y Política Tecnológica da Universidad Complutense de Madrid, presentando a súa tese baixo o título  “Los determinantes de innovación de la conducta exportadora de España y México”.

É Coordinador da Maestría en Desarrollo Local dende agosto de 2014. Tamén é membro do Sistema Nacional de Investigadores Nivel 1 del Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología (CONACyT) de México, e integrante do Corpo Académico en Estudios Rexionais da Universidad Autónoma de Chiapas.

A conferencia, organizada polo Máster DEIN (Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación) e polo Grupo ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento), conta co apoio da Deputación da Coruña. É unha conferencia aberta ao público.

Ademáis da conferencia, o Dr. Valdiviezo tamén impartirá unha clase do Máster DEIN sobre a actividade innovadora e exportadora das empresas en España e México.

Lugar e data: Salón de Graos, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Martes, 29 de novembro, 12h.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario