jueves, 23 de marzo de 2017

O profesor Manuel Arturo López Quintela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias


O profesor Manuel Arturo López Quintela que imparte docencia no Máster DEIN na materia Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías, ingresou o pasado día 16 de febreiro como académico da Real Academia Galega de Ciencias. O discurso do seu acto de ingreso titulouse “Clústeres cuánticos de átomos: o último reducto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía”.

 
Manuel Arturo López Quintela é Catedrático no Departamento de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto en nanotecnoloxía. Licenciouse e doutourose en Ciencias Químicas na USC. Durante a súa traxectoria investigadora realizou estadías en institucións de prestixio como a Universidade de Bielefeld e o Instituto Max Planck, en Alemaña. Tamén foi profesor visitante en universidades italianas, estadounidenses e xaponesas. Ademais do seu labor docente e investigador, avalado polo elevado número de publicacións e patentes, destaca a súa actividade de emprendemento. Así, é cofundador da empresa Nanogap, spin-off da USC. Esta empresa adicada á produción de nanofibras de prata a escala industrial para aplicacións en óptica e electrónica conta cunha filial nos Estados Unidos.

Noticia no Xornal da USC
Noticia no Faro de Vigo
Noticia La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario