martes, 28 de marzo de 2017

Xornadas Economia Circular

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación organiza unha actividade formativa, aberta ao público, sobre Economía Circular, unha das principais estratexias actuais europeas para xerar crecemento e emprego. Baixo o título “Economía Circular: un novo modelo produtivo para sair da crise”, estas xornadas incluirán a visión de diversos investigadores sobre o papel da economía circular, así como representantes de administracións públicas que explicarán as iniciativas que se están a desenvolver dende as mesmas. Asimesmo, a Fundación para la Economía Circular analizará cal é a situación en España e contaremos tamén con varias empresas dos distintos sectores económicos que xa están aplicando os principios de economía circular na súa actividade. Resérvase un espazo para o debate cos asistentes tras cada mesa de intervención.
A asistencia é libre e convidámos a asistir a todas as personas interesadas.
O lugar de celebración será o Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, o xoves 30 e venres 31 de marzo de 2017.
A continuación tedes o programa completo destas xornadas, que tamén pode descargarse AQUI.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario