sábado, 17 de noviembre de 2018

Visita ao edificio Emprendia da USC



O pasado 6 de novembro un grupo de alumnos/ as do Master, e como actividade propia da materia "Creación de EBTs", visitaron a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, para coñecer as actividades desenvolvidas nesta unidade e os servizos que ofrecen aos investigadores e emprendedores na protección dos resultados, xestión de patentes, creación de spin offs, etc. Na primeira parte da visita foron recibidos pola Director da área, José Luis Villaverde, e posteriormente visitaron un dos proxectos situados no espazo de incubación da USC, concretamente HGBeyond. Este é o relato da visita dun dos alumnos do Master.


Visita a Emprendia.
Julio Martínez García, alumno do Master DEIN 2018-19

José Luis Villaverde Acuña fíxonos unha presentación do que fan en Emprendia, manifestando que é como un ecosistema de innovación que busca axudar a superar o “val da morte” da innovación a aqueles que queren pasar da fase da investigación á posta no mercado dun produto. Para levar a cabo esta idea buscaron exemplos nos que basearse, principalmente os casos do MIT, Oxford e Yissum en Israel, e atoparon que os problemas eran comúns para as universidades que tentaban trasladar as súas investigacións ó mercado. Todo baixo a perspectiva de que a universidade ademais de transmitir “saber” e “facer saber”, ten que conectarse co mercado se pode, buscando impacto económico e social.

Con estes exemplos como referencia fóronse creando empresas para acercar os resultados de investigación ó mercado, moitas veces non vendendo produtos senón a tecnoloxía, ó tempo que incorporaron o acelerador de transferencia para axudar a adaptar o procedemento investigador a nivel industrial ou abordando os problemas na montaxe dunha empresa en torno a un resultado de investigación (Programa Argos) onde o importante non é o emprendedor senón o equipo e conxugar capacidades, buscando xerar cultura de equipo. Unha das misións que asumen é identificar que coñecementos poden ter valor, cando é necesario protexelos ou encargarse de patentalos, ó tempo que buscan usuarios deses coñecementos e poñen valor a empresa (“arte de vender fumo para construír chemineas”).

Algo que me pareceu interesante do que comentou é que unha empresa para ser rendible non necesariamente ten que ter produtos no mercado, como pode ser HG Beyond, do mesmo xeito que a investigación básica é importante como foi a vacina que atoparon para o sector porcino.

Na segunda parte da visita, a Dra. Soledad Anguiano Igea, presentounos o que fan en HG Beyond, resultado da investigación da Dra. Carmen Álvarez-Lorenzo e o Dr. Ángel Concheiro, socios fundadores da empresa. Contan con laboratorio e oficina en Emprendia, unha en cada ala do edificio. Teñen patentadas a fórmula do hidroxel e dos procedementos que levan a cabo, pero non contan con produtos no mercado, polo que tampouco teñen clientes.

Comezaron coa financiación da Fundación Botín, pero tamén contan co apoio da Fundación Torres Quevedo para a fase de desenrolo para a carga de produtos sanitarios na lente de contacto. Atópanse en preclínica cunha molécula, pero para facer o salto para clínica precisarían outras instalacións. Cando cheguen a comercializar poden fabricar e distribuílas eles, con lentes de un so uso, pero ainda están algo lonxe de chegar a este punto.

Tiveron varios contactos con empresas de lentes de contacto e coa industria farmacéutica, dependendo de que leven fármacos ou non. Xa teñen licenciada a unha empresa para que vaia facendo as lentes de contacto coa patente que teñen dende 2009 en Xapón, Estados Unidos e na Unión Europea. Pareceume que a comercialización estaba un pouco verde nesta empresa, penso que están máis pola labor de cobrar dereitos que en producir co tempo porque son conscientes que deberían facer unha forte inversión nese caso.

En xeral a visita pareceume interesante, pero faltoume que nos amosaran os fracasos, está ben que nos ensinen os produtos que chegaron ó mercado como Quescrem pero estaría ben ver cando non se chega a bo porto e cales puideron ser os motivos.
 



 

1 comentario:

  1. LEGAL NOTICE
    DEFAMATION
    REMOVE COMMENTS
    http://masterdein.blogspot.com/2016/09/ultimas-prazas-vacantes-no-master.html
    Best Regards
    Pollini Lawyer

    ResponderEliminar