jueves, 10 de marzo de 2016

Goretti Durán Piñeiro defendeu a súa tese de doutoramento


Goretti Durán Piñeiro, alumna do Máster na promoción 2013-2014, presentou recentemente a súa tese de Doutoramento, na que estuda como inflúen os xenes no tratamento dos tumores de cabeza e pescozo. Dita tese foi dirixida por María Jesús Lamas, Rafael López e Ángel Carracedo.    
Goretti Durán é licenciada en Farmacia e titulouse no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación no curso 2013-2014. O seu exemplo mostra o diverso perfil de alumnado do máster, que resulta enriquecedor.  O seu Traballo Fin de Máster abordou unha temática tan novidosa como a análise do retorno económico e social do investimento da e-interconsulta de cardioloxía na área de Vigo. Asemade, mostrou a importancia de realizar colaboracións interdisciplinares para avanzar no coñecemento.

Podedes consultar a entrevista publicada na Voz de Galicia o mércores 24 de febreiro de 2016, premendo AQUI.

Parabéns Goretti!

No hay comentarios:

Publicar un comentario