sábado, 7 de enero de 2017

Design Thinking e Innovación


¿Está xa todo inventado? ¿É posible aprender a ter ideas? Para responder a esta pregunta intenta resolver este exercicio: une os 9 puntos con 4 líneas rectas e sen levantar o boli.

Non és capaz? É imposible? Pista: tes que pensar máis aló dos limites da túa mente.
 
Ainda nada, pois sigue pensando e o final do post unha solución e unha explicación. Por certo todas as posibles solucións que se che ocurriron son ideas que de repente apareceron na túa mente, e polo tanto demostrase que con ferramentas e algo de entrenamento podese chegar a aprender a ter ideas. Esta é a primisa fundamental do Design Thinking.

Pero qué é o Design Thinking? É unha metodoloxía para xerar ideas innovadoras que centra a súa eficacia en entender e dar solucións as necesidades reais dos/as usuarios/as cunha metodoloxía aberta e que ten no fomento da creatividade a súa mellor arma. Proven da forma en que traballan as persoas encargadas do diseño de producto. De ahí o seu nome, que podería traducirsepor "pensamento de deseño", aínda que se adoita utilizar o nome en inglés.   

 
 

Esta nova forma de pensar ten un valor incrible. Trátase dunha ferramenta que no mundo da innovación se tendría que implementar de maneira maís activa, para facer fronte ós desafíos que se presentan neste futuro tan competitivo e duro.
Se tendes ganas de profundizar animovos a que busquedes maís info na rede. E por certo aqui vai a solución do exercicio e unha expliación.
 
 

Ós que digan que fixen trampa, unha aclaración: as instruccións non din nada de que as líñas non podan ir mais aló do plano, pero a disposición dos puntos formando un cadrado indúcenos a “pechar” mentalmente o espacio dispoñible, cando en realidade é cousa da nosa interpretación. E isto adoita estar motivado polo proceso de socialización onde nos decían cousas como: colorea dentro das liñas, non te saias por fora, respeta os márxenes ó escribir”, e un longo etcétera, de tal maneira que levamos tan interiorizados os límites que os transpoñemos en todas las partes, incluso onde nin siquera existen. Abandona esta forma de pensar e proba a romper os limites!
E si a pesar disto non me crees anímoche a ver este video.
Manuel Crujeiras Besada
Alumno Master Dein 2016-2017
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario