martes, 27 de enero de 2015

Novo traballo en ICEDE Working Paper Series de Raúl Ríos Rodríguez


A publicación, baseada no Traballo Fin de Máster do alumno Raúl Ríos Rodríguez, leva por título “Os circuitos curtos de comércio de alimentos na Galiza atual: na procura de alternativas ao oligopólio da distribuiçom”. Nesta publicación o autor explica que os circuítos curtos de comercio de alimentos son canais comerciais creados co obxectivo explícito de prescindir dos axentes intermediarios que operan entre agricultores e consumidores no sistema agroalimentario convencional, recuperando así o poder de decisión sobre a producción de alimentos e retendo o valor engadido na propia economía local. Realízase un primeiro achegamento á realidade actual destes circuítos comerciais en Galicia, incluíndo un breve repaso teórico, unha análise cuantitativa a partir das fontes estatísticas existentes e un estudo de dous casos prácticos: a venda directa a través do sistema de cestas a domicilio do Sindicato Labrego Galego e a experiencia do Mercado de Alimento Labrego dos Tilos (no concello de Teo).
O traballo pódese descargar libremente neste enlace: http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/icede/papers.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario