viernes, 30 de enero de 2015

O Traballo Fin de Máster de Francisca Gago Guillán gaña o Premio Jesús García Calvo


Francisca Gago Guillán recibiu o Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo polo seu Traballo Fin de Máster “Os modelos de aplicación do Programa Leader 2007-2013 no Estado Español”, dirixido polo profesor Edelmiro López Iglesias e presentado no curso 2012-2013. Trátase da primeira edición dun premio convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiraco, creado co obxectivo de contribuír ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e do cooperativismo en Galicia.

Moitas felicidades e moito ánimo para seguir traballando polo desenvolvemento rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario