martes, 27 de enero de 2015

O profesor Óscar Rodil Marzábal coordina o proxecto “Avances en el patrón de comercio intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: el caso de Brasil y México", gañador da convocatoria aberta da EU-LAC Foundation

A EU-LAC Foundation resolveu a súa convocatoria aberta de proxectos de investigación, sendo o único proxecto gañador o que coordina o profesor Óscar Rodil Marzábal, membro do grupo de investigación ICEDE da USC. No proxecto participa un consorcio de investigadores de universidades españolas e mexicanas.
A EU-LAC Foundation, con sede en Hamburgo (Alemaña), é unha institución creada polo VI Cumio de Xefes de Estado e de Goberno en 2010, da que forman parte máis de 60 países da Unión Europea, América Latina e o Caribe. A esta convocatoria de proxectos poden presentarse propostas procedentes de investigadores dos máis de 60 países socios de diversas áreas de coñecemento. O financiamento proporciónase co apoio dunha subvención da Unión Europea e conta tamén co financiamento dos Estados membros.
O proxecto gañador leva por título “Avances no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e América Latina: o caso de Brasil e México" e enmárcase dentro do Programa "Explora" de dita institución, que ten como obxectivo identificar novos temas relevantes para as relacións entre os países da Unión Europea e de América Latina, así como propoñer formas de cooperación nestes temas na relación birrexional.
A selección da proposta foi efectuada polo Consello académico da Fundación, integrado por cinco académicos eminentes de ambas rexións (Unión Europea e América Latina-Caribe).

No hay comentarios:

Publicar un comentario